lunes, 26 de diciembre de 2016

MILLÓNS DE PERSOAS DESEXANDO ENTRAR

NON SE trata de culpa, senón de responsabilidade. E nós, Occidente, por dicilo de algunha maneira, non somos culpables, moito menos os únicos, pero si temos moita responsabilidade nos avispeiros de guerras que mascaran a nenos e mulleres, destrúen cidades por completo e desprazan a milleiros de persoas sen casa, sen pertenzas, sen tan siquera a esperanza de regresar. A maioría dos que nestes días foxen do xeado Alepo probablablemente nin no máis íntimo de si leven a esperanza de: o próximo ano en Alepo. Pero a traxedia non só cae sobre Siria e Irak e os países do petróleo e o integrismo. En África tribos, países novos, vellos, esnaquizados, viven nunha permanente inestabilidade entre bandas, mafias, señores da guerra, gobernantes corruptos, axudas inútiles. Por iso andan os mares estrados de cadáveres, antes mozos, embarazadas e nenos que, diante de tanta crueldade e miseria, prefiren enfrontarse á aventura incerta e perigosa de chegar a un mundo mellor. Porque non nos enganemos, sexamos claros dunha vez: este mundo noso padece e sofre , carece de moitos deireitos, retrocede en igualdade, podería ser máis transparente e democrático pero fóra deste imperfecto modelo de democracia do benestar só existen millóns de persoas desexando entrar, que diría José Luís Pardo.

Ante tal problema existen dúas visións extremas que a nada conducen e desprezan a obxetividade. A primeira é a da inxenuidade bondabosa e hipócrita de que aquí cabemos todos. Onde come un, comen dous. Fóra muros, barreiras, fronteiras, aramados. Veñan, veñan todos ao convite desta festa inacabable e pantagruélica na que todos han ter casa, traballo, estudos e médico. Somos solidarios. Temos un corazón aberto e limpo. Acollemos a cantos chamen na nosa porta. Esta postura, por máis que soe a cántico celestial, non deixa de ser un brinde de bondade inxenua, fóra da realidade, que o só lograría que entrase a fame na casa. Ademais de que poría inmediatamente aos defensores diante da evidencia de que o desexo defenderíase a morte mentres non houbese que compartir baño, mesa e mantel, televisión e a habitación dos nenos. Mellor que se encarguen o Estado, os servizos sociais, dirían. Pero ningún Estado nin servizos sociais, por rico e solidadrio que este Estado fose daría conta de tal esixencia e responsabilidade. A visión inxenua pode cadrar ben en terturlias entre almas bondadosas, pero á hora da eficacia e da realidade é pura demagoxia branda. Non se poden abrir as portas de par en par. Ningunha casa pode acoller máis do que dá de si. Europa tampouco.

Pero se esta visión extrema parece ridícula, non é menos a do bando contrario. Pensar sen media autocrítica que detrás de cada refuxiado entra un terrorista, que todo é unha planificación para o integrismo islámico invadir a a nosa civilización cristiá. Transformar a desgraza e miseria dos demais nun ataque solapado á nosa democracia conduce a un enfrontamento inxustificado entre civilizacións que ninguén debería promover. Partidos e líderes que utilizan aos refuxiados como inimigo para xustificar as súas políticas retrógradas e racistas xogan con lume. Europa vive un momento débil, a crise deixou moito descontento e desamparado entre as nosas sociedades, sabido é que calquera desherdado anda sempre á busca de alguén que o supere en desprezo para estar por riba del. Este xogo do que se aproveitan os partidos máis extremistas de Europa poden acabar nun incendio difícil de apagar.

Nin esto é unha veiga aberta nin somos seres desalmados e insolidarios. Nin abusamos da bondade inxenua e inaplicable dos bondadosos coa lingua pequena, nin deberiamos deixarnos quentar os oídos por esas voces oportunistas que se apuntan á máis mínima desgraza para atopar un inimigo sobre o que descargar a frustración dos desfavorecidos. Pecharse, refuxiarse na identidade, na propia casa, portas e ventás pechas, coma se fóra non ocorrese nada equivale a meter a cabeza debaixo da area. Fóra pelexan, morren, escapan, teñen fame, viven ateridos co frío e o medo. Fóra, como consecuencia dos nosos intereseses, covardías ou indeferencia, padecen e foxen intentando vivir alomenos coma nós. Fóra, por máis que elevemos muros, sempre quedarán seres enérxicos e potentes que desafiarán todo aramado con tal de atopar unha vida mellor. O lóxico, o urxente, parece atopar unhas cuotas razoables para acoller a eses refuxiados, non estigmatizalos co ferro do terrorismo, atendelos e integralos dentro do mellor do noso modelo. E, por suposto, non pensar que vivimos nun mundo idílico, previr e actuar en consecuencia sabendo que existen grupos fanáticos e rabiosos empeñados en desestabilizar o único modelo de pacto social ao que millóns de persoas queren sumarse.

XOGAR E CANTAR

O NENO aprende xogando. Nada o conecta mellor coa realidade que o xogo. A través do enredo descobre o mundo todo: as propiedades das cousas, as relacións causa efecto, a maxia do equilibrio, da coordinación, da flexibilidade; o seu propio corpo e o dos demais, as emocións primarias, vai elaborando sentimentos, razoamentos de simples a complexos; e, sobre todo, dá coa maneira de comprender a esencia das relacións, da comunicación, da distinción entre realidade e fantasía, das primeiras regras e normas éticas.
Tanto enredando só coma cos pais, cos iguais, a través do conto, do debuxo, das imaxes que se moven, de todo canto estimula o seu plástico cerebro, así vai o neno afacéndose a este mundo. Por iso o xogo non é un capricho nin unha bondade dos adultos cara os nenos, é un dereito fundamental, imprescindible para o seu progreso. De todos cantos xogos pode realizar un neno, aquel que recibe a confirmación de correlacionar máis co futuro desempeño intelectual é a música. Si. A música, o ritmo, cantar, unir versos a sons, os silencios, a disciplina musical é un xogo para un neno. O máis completo.
Nestas datas do Nadal, na que se fai unha parada para alomonenos simular que somos capaces de vivir decentemente nun mundo indecente, os que mellor saben conxugar o desexo coa realidade son os nenos. Se alguén pode crer na delicia da fantasía, na beleza da unión e a solidariedade entre toda a familia, no gozo de ver a todos xuntos rindo, cantando, xogando, é o neno. Eles son os grandes beneficiarios destes días.
Mágoa daqueles que non poden participar nun ambiente no que se dean condicións para a paz, a concordia, a ledicia de compartir. Verdadeira desgraza aqueles que teñen que traballar ou non contan con arrimo nin a onde ir, viven na rúa, perderon a familia, todo. A familia, non os moitos regalos ou xoguetes, dá a oportunidade e conforma o mellor niño para que os nenos desfruten e aprendan valores esenciais. David Grossman escribiuno nalgunha das súas novelas: No que damos por sentado, nos detalles banais está o heroísmo. A familia é o maior drama da humanidade. A historia non se escribe nos campos de batalla nin nos parlamentos, senón nas cociñas, no dormitorio dos pais, na habitación do neno. Alí onde os nenos poden xogar e cantar, a familia cumpre coas súa función esencial, de verdadeiros heroes: transmitir a ledicia de vivir, de compartir, da xenerosidade, da fermosura inigualable dunha noite de paz, de ledicia, de contos, bicos e abrazos. A tenrura que se mama nestes momentos durará para sempre. E nunca chega. Cando adultos, máis de vellos, compredemos a perda que supón se alguén carece desa aprendizaxe primeira. Por isto, nesta noite e nos días que seguen, desexo para todos os nenos que podan xogar e cantar e rir e compartir amor dento da familia. E á familia que aprenda dos nenos que cren que iso non é un remedo nin un día ao ano, senón que a vida podería ser sempre así. Para eles, os nenos, e para os adultos que se esforzan por educalos na tenrura, na ledicia e nan paz, boa noite, bo Nadal.

sábado, 17 de diciembre de 2016

COIDADORES DE ENFERMOS E VELLOS

Non dou entendido por que para moitos economistas e políticos crear determinados postos de traballo non significa progreso nin riqueza. Existe coma un acordo tácito entre expertos que expresa polo claro o seguinte axioma: crear postos de traballo en educación, saúde ou atencións soiciais equivale a destruír riqueza, emprobrecernos, non progresar como é debido. Será, supoño na miña ignorancia, porque todo ese emprego é público, vai a cargo do Estado e  todo iso non é creación de riqueza senón destrución da mesma. O Estado deberá ocupase, pensarán, en salvar aos bancos que se arruinan e despiden aos seus directivos – expertos en fundir bancos- con millonarios aguinaldos para que non esquezan o bo labor realizado. Agora ben, incrementar o gasto en funcionarios inútiles, vagos e  incompetentes supón levar os países á fochanca da perdición irremisible. Un banco podre salvado sempre garantiza a estabilidade. Inversións en crear postos de traballo público, ruína asegurada.
            Con independencia da teoría imperante, algo observo que non parece discutible: esta sociedade conta cun número de dependentes que merecerían outro trato, non só por eles, senón tamén por quen están sacrificando a súa vida por garantirlles a dignidade. Os números turrarán túzaros canto queiran, pero a dor e a aflición de tantas personas dedicadas ao coidado de enfermos, vellos e discapacitados superan en contundencia a calquera gráfica ou previsión económica. Se non perdemos de vista que vivir leva inevitablemente cara a decadencia física e a morte deberiamos contar con aceptar que unha misión crucial en toda comunidade é velar pola digna e respectuosa atención a quen non se vale por si mesmo. Precisamente porque a grandeza do progreso está aí: na atención desinteresada polo que non se pode gobernar, non dá conta de si, está contra as cordas do fin. Calquera comunidade que esqueza este principio está abocada á autodestrución, ao sufrimento e á parálise. Cando ninguén xa non pode aportar nada á comunidade, cando só é un gasto, un esforzo, unha esixencia de atención incondicional é cando sabemos o grao de saúde ética desa sociedade.
            Referireime a dous casos ben evidentes: os enfermos mentais e os vellos que non xa non se valen por si. A tendencia psiquiátrica nas últimas décadas, seguro que con fundamento, supón que as mellores condicións terapéuticas para os enfermos mentais – aínda nos casos máis graves, como aqueles de perda de contacto coa realidade- son permanecer no seu ambiente natural e no contorno familiar. Mais por desgraza, a realidade empéñase en demostrar que son precisamente os que carecen destas condicións os que máis padecen , coma se uns efectos bidireccionais incrementasen as posibilidades da enfermidade ao carecer do que precisamente se busca para curalos. Co que o paradoxo está servido: un psicótico grave é atendido de maneira ambulatoria e logo preténdese que coa familia e nun ambiente acolledor progrese, pero resulta que ese enfermo non conta con ningún ambiente favorable e con sorte vívelle unha nai vella, enferma e abnegada que ten que convivir con el soportando as súas crises e incluso os seus ataques agresivos ou paranóicos. Co que esa coidadora, case sempre en condicións económicas desfavorecidas, está soportando unha tensión indesexable para calquera persona, menos para un vello enfermo. E velaí temos a dous enfermos convivindo, compartindo e incrementando males. Por que crear postos de traballo en persoal especializado para liberar a esta coidadora desta tortura non é rendible á sociedade?
            Se non morremos antes, chegaremos a vellos. Noutros épocas, especialmente por transmisores de cultura e tecnoloxía, recibían un trato especial de respecto á súa dignidade e sabedoría. Hoxe, con tanto avance, parece que só estorban. Non digamos os que padecen a desgraza de perder o coñecemento. Moitos fillos ou familiares achegados deben dedicar parte das súas vidas no coidado e atención destas persoas. Son traballos que esgotan, anulan e deprimen ata o punto de facer dubidar do afecto que pretendían regalar. Os custes para a seguridade social e as relacións laborais destas persoas  que deben compaxinar a súa propia vida- traballo, coidado de propios fillos, etc.- son moi elevados, será raro que non acaben necesitando baixas e coidados médicos. Por que  crear postos de traballo en persoal especializado no trato con vellos, para aliviar as cargas destes familiares coidadores a tempo completo ou mal compartido con outros familiares, ha ser necesariamente unha ruína para o país?

            En tres aspectos existe coincidencia – alomenos coa boca pequena- para a mellora social: saúde, educación e coidado dos necesitados. Non dou entendido por que os sabios das gráficas, dos orzamentos e investimentos insisten en que este tipo de creación de postos de traballo é traer pobreza á casa. Non sería talvez a nosa maior riqueza?

A EXPOSICIÓN PÚBLICA DA INTIMIDADE

NON deberiamos sorprendernos nada do que se saiba da vida privada dos demais, nin tampouco facerlle moito caso. A pesar de que concordo con aquelo que dixera Somerset Maughan: a vida íntima do máis anodino dos homes exposta públicamente causaría horror a calquera persoa, o que hoxe se entende como exposición da intimidade non é tal. Certo que a pouco que reflexionemos e por desvergonzados ou nada críticos que sexamos, se miramos ben para dentro de nós, atopamos gran cantidade de sucesos –non digamos pensamentos– que alarmarían a calquera que nos coñeza, incluso aos máis achegados ou aqueles cos que presumimos manter maior cercanía. 
Porque a intimidade forma parte do segredo primeiro que nos conforma, da esencia que escasas veces medra fóra de nós, xa sexa na relación amorosa máis profunda ou destilada na poesía pura, na música máis fonda, na pintura máis escura. Pero non soe ser o que acontece, parece que se optou por vender públicamente unha pseudointimidade a cambio de comodidades ou eférmeros éxitos que nos confunden. Nese caso xa deixa de ser intimidade para se converter en vulgaridade comercializada, perdendo todo peso, substancia e valor enerxético que o íntimo nos dá a cada un.
Andamos nestes tempos de tanta exposición pública horrorizados coas intimidades que se descobren –ou venden– para o entretemento de quen foxen das súas propias ou as teñen tan apagadas que prefiren alimentarse das que lles contan para se tranquilizar, dar valor ético ou valía estética á súa anodina vida. Imos así falsamente horrorizados de escándalo en escándalo cando en realidade o íntimo queda anegado en augas emporcadas que nin para horrorizar deberían servir. Iso, é certo, aínda que en determinados momentos produzan efectos devaluados pero similares aos de compartir auténtica intimidade. Non sabería dicir se moitas bágoas e sufrimentos ao participar desta obsesión por contar todo a todos e saber todo de todos alivia pesares. 
Sei, sen embargo, que compartir en igualdade na privacidade, na soidade ou cofiando na persoa máis próxima, aquelas manifestacións máis íntimas e fondas, as que abrollan a través da transformación amorosa ou artística, reciben un verniz máxico que as eleva de horrorosas a vivificadoras. Os filtros da arte e do amor converten en delicadeza o que noutro contexto podería cheirar a podremia, en paz estabilizadora ao que se sería lóxico contemplar como violencia gratuíta e innecesaria, goce pleno, éxtasis, ao que, de non pasar por eses filtros, causaría risa ou bochorno ou rabia. Cando a soas nos saltan as bágoas escoitando a Schubert, ou nos corre o corazón coma un potro atordoado dentro do peito ao repasar unha e outra vez tres versos dun poema, ou cando nos marabillamos, aínda sen entender de todo o que o autor quere dicir, diante duns colores aparentemente sen harmonía ou irritantes, estamos participando da exposición pública do máis íntimo do autor. E isa participación libéranos, alivia, dá conforto. A outra, a exposición baleira, non é máis que pasar á vulgaridade anécdotas persoais. 

sábado, 10 de diciembre de 2016

LOTERÍA PARA SER BECERROS DE OURO

CONTAN que entrou un señor pulcro, con boa oratoria e de maneias moi educadas nun concesiorario de automóbiles prohibitivos dado os seus elevados prezos. De inmediato, un vendedor saíu ao seu encontro. Axiña entablaron unha amable conversación sobre o mundo do motor e as bondades infinitas do coche que estaban estudando. Por suposto, a máquina era perfecta por fóra e por dentro: motor, deseño, estilo, confortabilidade... todo concordaba co que o comprador buscaba e o vendedor explicaba. Pasado un bo anaco de comprobacións e preguntas, chegou o momento forte da negociación: prezo.
Sentados diante dunha pantalla que pendía da parede, o vendedor despregou dende o ordenador ventás nas que aparecían cores, extras, prezos, descontos, tipos de financiamento, etc. O comprador deixoulle claro que só lle interesaba pagar ao contado. Pechado o prezo, despíndense cun compromiso por parte do último: estou pendende dun negocio que se pecha mañá, se todo sae como espero, teña por seguro que merco o coche. A despedida foi efusiva e o vendedor regresou ao despacho do xefe de vendas para narrarlle eufórico o fácil que lle resultara vender o coche. Á tarde do día seguinte, como un cabaleiro que era, o comprador apareceu pola oficina e lle saíu ao encontro o empregado que o antedera cun sorriso inmenso pensando que saira ben. Pero non. Moi amable, o señor díxolle que, por desgraza, o negocio non fora adiante, que non se podería realizar a compra. O dependente aínda tivo valor para lle preguntar: perdoe a indiscreción, algunha operación inmobiliaria, talvez unha venda de accións...? O comprador aclaroulle: non, non, non era ningún deses negocios, é que tiña dous décimos de lotería que xuraría serían premiados, pero desta vez non, a ver se para a próxima. 
Moitos nenos xogan coa vida á lotería. Sobre todo os menos realistas, os que lles toca vivir nun mundo menos favorecido, agárranse a fantasías propias de quen fai depender as súa decisión vital dun premio tan improbable coma o da lotería. Eles atrapados pola imaxen de futbolistas, elas máis atentas a cantantes espectaculares que enchen a diario os medios coas súas actuacións dentro e fóra do escenario, soñan con chegar ao seu estatus e fuxir da vida triste que os invita á evasión. Perden meses e incluso anos absortos nesas aspiracións fantasiosas, como quen posúe como solución dos seus problemas unha participación de lotería. Ignoran que teñen máis probabilidades de que os parta un raio que alcanzar a sona dun Ronaldo ou unha Beyonce. Os modelos a seguir indúcenos a evadirse mentres se arredan do que lles podería proporcionar unha boa vida. Máis non só iso é un triste engano, ademais de buscar un modelo inalcanzable trantan de emular a heroes cos pés de barro, becerros de ouro que colaboran con todos aqueles que utilizan os circuitos agochados para que as súas fortunas anden á marxe da lei. Depositan o seu futuro no azar e admiran a cidadáns pouco exemplares. 

viernes, 9 de diciembre de 2016

"SERÉ MARICÓN, PERO LLENO DE PASTA"

A PROFESORA Marina Garcés defende máis filosofía fóra da aula para convertela en guerrilleira do pensamento. Mágoa que a súa guerrilla e a imperante vaian por camiños opostos, porque o que é filosofía fóra da aula haina a patadas e moito máis eficaz que a mellor da guerrillas. Como exemplo a frase copiada para o título a Cristiano Ronaldo (espero que non teña que pagar por ela como el cobra por asignar un cromo) define á perfección o tipo de pensamento imperante: serei (elixian o que prefiran: traidor, evasor, explotador, ignorante, desapiadado, etc.), pero estou cuberto de pasta. Vexan a síntese. Nada mellor define os tempos, non só os presentes, non, a tendencia vén de moi lonxe, xa os paxaros dicían: dame millo e chámame bobo.

A novidade dos tempos presentes asenta na cara lavada coa que se manifestan estas píldoras de pensamento puro. Nalgún momento parecía como que, aínda sendo igual de certo e de apetecible a certeza do contido, existía un mínimo pudor por manifestalo públicamente. A formulación cambiaba unha miga: estou cheo de pasta, pero porque son un traballador impenitente, posúo unha intelixencia pouco común, procedo dunha familia cuns antecedentes tan longos como prestrixiosos, creo riqueza e dou de comer a moitas familias, por iso me permito e merezo estar cheo de pasta. Hoxe deuse un salto perigoso: non importa o mérito, nin os métodos, nin nada previo a encherse de pasta, o importante é estar chelo dela, o como e o porque son anecdóticos. Por iso entre futbolistas (os exponenetes máis desvergonzados e puros da savia social) non se andan con eufemismos e insúltanse e tápanlle a boca ao contrario aceptando que poden ser o que queiran, pero gozan de máis millóns có outro. E chegados aí, acábase a discusión.

Trump (antes Berlusconi) participan no descaro desta liña filosófica expandida polos reis do fútbol. Aplican a maiéutica socrática co cidadán, que escoita con ledicia as palabras que gurgullan nos seus pensamentos mediocres sen atreverse a dicilas. Escoitándoas da boca dun triunfador, dun cheo de cartos (no importa o método), de maneira vicaria triunfan tamén eles e sospeitan que algo lles podería tocar, porque o impulso, o desexo e a falta de escrúpulos son idénticos. A nova política vai na mesma liña do filósofo Ronaldo o da Madeira: dáme millo e chámame o que queiras, teño o hórreo cheo, pensa de min o que máis gusto che dea. Solidariedade, altruísmo, humanidade son meros adornos publicitarios para quen triunfou e desexos inxenuos de quen adoece por non triunfar. A esencia da guerrilla filosófica actual é triunfo, logo existo; teño cartos, pensa o que queiras; gano eleccións acudindo ó inconsciente máis primitivo dos electores, chámame demagogo. Pero eu monto o meu goberno de multimillonarios e gobernaremos para os que non padecen complexos, para os que entenden que o mundo é un lugar onde os plutócratas, as elites, deben dirixir e o resto colaborar con resignación.

O que me estraña é a sorpresa que se desprende de moitos medios e cidadáns ao saber que estes guerrilleiros da nova filosofía defraudan á facenda pública. Pois claro. O que non sabe como facelo é porque é bobo, os listos, os triunfadores, se non saben, rodéanse de economistas e letrados mercenarios que entran a formar parte do club ensinándolles e descubríndolles onde mellor se pode enganar ao Estado. Incluso espallan a súa píldola filosófica concentrada: o Estado é causa de tódolos males. Por que, entón, colaborar contribuíndo en proporción ao que ganas? Iso queda para os mediocres. Os triunfadores, os modelos a imitar nesta sociedade, xa se sabe que contan con exércitos especializados (moitas veces comprados ao Estado que antes os formou) que lles indican os camiños da City de Londres (non fai falla ir ás Illas Caimán), Xibraltar, Suíza ou Luxemburgo. Por suposto que nin Ronaldo, nin Messi, nin Coentrao, nin Raúl, nin tantos outros, saben nin teñen tempo para crear empresas fantasma nin artellar mecanismo para aumentar a riqueza con só abrir a boca ou ensinar un retrato. Son eses equipos espcializados en asesoralos os que algunha vez deberían ser investigados e perseguidos, sospeito que algo deben agochar entre tanta inxeñería. Claro que aquí tropezamos cun inconveniente inevitable: os que deberían controlalos e perseguilos aspiran talvez a formar parte dese grupo de elixidos, co que, os que non somos listos dabondo, os que pagamos, estamos ben fodidos. E por iso o epílogo da filosofía do triunfador a respecto do mediocre di: vense moi solidarios, moi humanitarios, moi bos, pero morren de envexa porque estamos cheos de pasta. Os pobres non son conscientes de que, de estar no noso lugar, farían o mesmo ou peor. E o xogo continúa e no pasa nada.

sábado, 3 de diciembre de 2016

CERVANTES VIAXA A BARCELONA



NON ME estrañaría que algún dos membros do xurado do Premio Cervantes tivese na cabeza propoñer como candidato a Javier Marías. Non me pronuncio se con merecemento total ou sen el, pero Marías é o escritor español máis recoñecido polo público e pola crítica de dentro e de fóra do país. Se saímos de España, agás Pérez Reverte na zona americana de fala española, ningún autor é tan coñecido nin se repecta e aprecia dende a crítica especializada coma ao fillo de don Julián., aquel filósofo do franquismo ao que tanto lin porque moito escribía, eran moitos os fillos aos que manter e o réxime non foi precisamente amable con el. Pois ben, se algún membro do xurado o tiña agochado como candidato no peito, seguro que axiña o calou para sempre por medo a que o escritor rexeitase o premio - e os cartos, este non se anda con hipocrisías coma o absorto, maleducado e endiosado Bob Dylan- , o que crearía un rebumbio que non merece a pena diante de premio tan prestixioso.

Concederllo a Eduardo Mendoza é unha detertiminación moito máis conservadora, segura e amable. O autor, ademais barcelonés escribindo en español - un punto relevante a ter en conta neste delicado momento histórico- , é dos que leva media vida dicindo que a novela está morta e el publica unha case cada ano, ten éxito de vendas e por riba agora recibe o premio máis importate en lingua española. Hai personaxes curiosos. Conste que a min Mendoza é un escritor que me parece con categoría e como persoa móstrase sempre sensato e con sentido do humor. O que fora tradutor polo mundo soubo aclimatarse moi ben á vida de escritor a tempo pleno, sen estridencia, con obras de calidade variable, pero sempre dentro dun gusto e dun atractivo para o lector que o converteron nun fecundo, coñecido e apreciado escritor da última parte do século pasado.
 
A don Miguel seguro que non lle molestará en absoluto que o seu premio viaxe este ano á súa amada Barcelona
Souben del por primeira vez - como supoño lle pasaría á maioría dos seus lecotores- pola magnífica novela “La verdad sobre el caso Savolta”. Esa foi sen dúbida unha saída triunfante, por orixinalidade, calidade, poder de seducción e tempero no ritmo da obra. Seino, seino. Sei que logo publicou obras de tanto ou áis éxito e grande ledicia dos lectores pola seu humor intelixente, pero sigo considerando que, xunto con “La ciudad de los prodigios”, foi aquela obra a súa mellor tarxeta de presentación e talvez a máis lograda da súa escrita. Pola constancia na súa producción, polo nivel das súa abundante obra, polo incursión en varias temáticas con diferentes perspectivas e ánimo de non se atar a un modelo de éxito asegurado, non digo que non sexa merecedor do premio. Galardón que sofre un problema de inicio ao bailar de América de fala hispana a España, porque na decisión, sobre todo no noso país, as presións, condicionantes e consecuencias da elección alcanzan sempre maior transcendencia.

Os premios conxugan tantas variables á hora da decisión final, poden resultar tan desconcertante a razón última pola que recae sobre un ou outro que, unha vez fallados, de inmediato reciben case sempre recoñecemento e admiración por parte de algúns e rexeite, dúbidas, desconfianza para outros. No caso de Mendoza non creo que sexa distinto. Dende logo, non me parece unha figura tan asentada, fortalecida e acreditada no canon literario coma para non pensar que outros tres ou catro escritores españoles, igual o mellor ca el, estarían en condicións de recibilo. Por que el? Polos misterios das coincidencias, do azar, da necesidade, da coveniencia, da oportunidade. Porque ás veces a fortuna salta coma unha lebre cando camiñas tan tranquilo polo monte.

Felicitacións para o premiado e para o grupo de amigos intelectuais de Barcelona que buscan unha convivencia sen amarguras nin problemas ficticios, que son cosmopolitas - amando as súas raíces, como debe sesr- , que escriben nun idioma que tamén é nacional alí, que non se enganan con cantos de sereas sobre países de fábula despois da independencia e que saben ir de de Madrid a Barcelona sen soñar bobadas coma a que diría que ao aterrrizar no Prat un pisa na verdadeira patria. Talvez isto, ademais de valores literarios que non nego, axudase neste momento a que Eduardo Mendoza sexa o flamante Premio Cervantes da letras. A don Miguel seguro que non lle molestará en absoluto que o seu premio viaxe este ano á súa amada Barcelona.

O HOME QUE TEMÍA AO TERRORISMO

“¿DISCULPEN señores, hablan ustedes español, son de la propia España?,” preguntou un limpamesas con maneiras e ton servilista. Ao afirmar que si, relatou de golpe un historial co que non contabamos. “Pues mi mamá era de España, de Torrejón, pero mi papá de los Estados Unidos, por eso yo tengo la doble nacionalidad y hablo los dos idiomas”. Arrincando así foi esmiuzando anacos de vida. En tempo de nada resumiu que súa nai xa morrera, seu pai había tempo non sabía del e un fillo que tivera nos anos mozos marchara para outro Estado e levaba anos desaparecido. Vivía só. Levaba xa anos traballando neste hotel, “en algo hay que trabajar”, limpando mesas, nin a servir e presentar a conta ascendera. E xa pasaba dos cincuenta. O seu aspecto delgado, non facía pensar que andase o que dicía andar: máis de dúas horas vir ao traballo e outras tantas de regreso, o autobús só en días de moita choiva, pero así, andandano, tamén mataba o tempo, “al final en la casa tampoco tengo nada que hacer, tomarme una cervecita y ver la tv, pero para eso me sobra la noche, duermo poco”. Insistía tanto en dar detalles do seu vivir que xa me estaba sentindo incómodo. Máxime cando, polo escoitado en tan pouco tempo, era obrigado deducir que fora unha vida estragada, miserable, chea de soidade e baleiro. 
Con intención de paralo na súa confesón vital, e porque eu andaba ávido de opinións sobre o triunfo de Trump, pregunteille sobre as súa preferencias Non se ocultuou. “Yo muy muy de Trump, me gusta que den duro, pero bien duro”. Intentei saber que pensaba el extraer de beneficio coa política do electo presidente e a súa resposta deixoume cravado no asento, abandonei o té que me faltaba por beber. “Es que yo, señor, temo mucho al terrorismo y éste, para mí, que les va a dar bien duro”. Continuou aínda un anaco dando explicacións e ofrecéndose para o que necesitaramos durante a nosa estancia, pero eu xa deixei de escoitalo porque me comezaron a remoer unha restra de preguntas ás que non daba atopado resposta. Como pode un home con esta vida depositar o seu temor máximo no terrorismo? Que probabilidades podería ter de caer nun atentando? Tantas coma que o atropelase o autobús ao saír do Hilton, igual a que unha bala perdida o pillase mentres anda por esas rúas que o levan ao barrrio onde supoño durmirá nun caseto? Como un temor tan difuso pode asentarse con tanto éxito na maneira de pensar dun home que teme máis a un hipotético atentando que a miseria da súa propia vida? Que alguén limpando mesas durante oito horas por un salario misérrimo, vivindo na soidade máis triste, illado e sen ilusións, sen posibilidades de progresión laboral nin persoal tema máis ca nada neste mundo a un ataque terrorista dá que pensar. Nunca se lle ocorreu que é máis factible que morra de tristeza ou dun ataque ao corazón ou dun navallazo dun tolo da noite que polas bombas de catro loucos? Cando se despediu imaxineino celebrando cunha cervexa o éxito de Trumpo, a partires de agora el estará moito máis protexido de ataques terroristas.

sábado, 26 de noviembre de 2016

OGALLÁ NON DURMISE SOA

ENTRE os atractivos de Nova Orleans, destaca a paixón polo entroido e o furor polo vudú . Probablemente hoxe xa sexa máis un negocio turístico que unha firme permanencia da cultura creole, pero a súa expansión polas tendas da cidade é unha praga. Así coma das árbores penden máis colares que follas, nas tendas do casco turístico existe maís oferta de disfraces e caretas, libros de maxia e amuletos que de froita. A pesar do inicio de mareo polas moitas candeas de intensos olores acendidas no pequeno espazo, entrei e aguantei un anaco nunha tenda de vudú. A bibliografía abunda, non reparei nela, pero un pode informarse a conciencia ; os amuletos chegan dende o Tibet, Perú, Bolivia e onde se imaxine. Menos de Galicia. 
Aínda pensei en facer negocio co rapaz cunhas rastas fermosas que manexaba a tenda, facerme representante dende aquí e mandarlle estampas do Corpiño, tallas de San Andrés de Teixido ou fotos da procesión dos mortos da Póboa, pero mediteino mellor e desisitín: quen quiera remedios galegos, que viaxe ata aquí. En fin, que a tenda rebosaba clientes e o mozo parece que podía permitirse vivir vendendo os obxectos máis estraños contra o meigallo.
Á saída, sentada nun portal paraleto, quedei imantado na imaxe dunha nena que non pasaría dos 14 anos, case espida, as botas fortes e sucias eran o máis chamativo da súa vestimenta, que miraba perdida a non se sabe. Dende onde remataban as botas, víase unha amalgama de tatuaxes de cores que tapaban case por completo o seu branco corpo. 
Polas pernas, nos brazos, nos peitiños ao aire sen madurecer e ata o pescozo, animais pequechos, estrelas, letras, signos sodiacais, algunha frase, todo miúdo e mal amontoado cubríana dándolle una aspecto de figura coloreada para entristecer. A cara, linda, se non fose porque as colores rosas dos ollos, a pasta indefinida dos pómulos e o vermello estridente dos labios lle daban unha pinta de puta vella nun rostro de nena que arrepiaba. Mirei directamente para ela bastante tempo, nin se inmutou, a súa mirada estaba tan perdida, os seus ollos tan secos de chorar permanentemente sen bágoas, que parecía nada ver, que en nada pensaba, non vivía. Acordeime se lle morrerían os pais, se andarían perdidos no alcohol e nas drogas, ou enfermos da mente, ou se, con sentido, sufrirían día e noite o indecible pensando que sería da súa nena, a punto de volverse tolos de remate. 
Deixei de observala e alí permaneceu na súa postura indolente, a mirada perdida ni rachada pola cantidade de xente que pasaba por diante. Ao marchar pensei se alomenos sería dos sen casa (moitos), que atadados case sempre a can deambulan pola cidade, pero á noite reúnense nunha cohesión talvez primitiva. Ao contrario que aquí, que os ves individuais cos seus cartón en cada portal, alí, debaixo de pontes ou soportais de edificios públicos, reúnense á hora de durmir entre 8 ou 10 perdidos para aliviar frío e soidade. Moito desexei que a nena tivese forzas para arrimarse a algún destes grupos e non durmise soa.

A DIETA DO BERBERECHO

OS QUE andamos a voltas cun mal que nos sume na incertidume por saber que en calquera momento se cumprirán os malos prognósticos, facémonos expertos, queiramos ou non, sobre remedios mil para nos distraer do inevitable. Eu son dos que, como díría Agustín García Calvo, aínda dubido dos erros e intereses ocultos que poden coarse entre a comunidade científica - a única, por escéptico que sexas, na que se fiar-, para canto máis non desconfiar abertamente dos charlatáns, enganabobos e pícaros desaprensivos que pretenden aproveitarse do desconcerto , angustia e dor dos que sofren.

Como dicía, por máis que fuxas de buscar ese tipo de información, por tódolos frentes recibes recomendacións para que resistas e non te acoquines. A primeira e máis recorrente é a da actitude: positiva, forte, ánimo, ti podes, conseguiralo, loita, non te deixes ir... A diario recibo miles de palabras de ánimo e inxeccións de valentía que aprecio no que se merecen. Sei que quen mas dedica é porque me aprecia, porque confía na miña vontade e loitan a canda min para que o mal, xa que non quere desaparacer, alomenos se free, se calme e colla unha velocidade tan lenta que me permita seguir tal e como estou por algúns anos. Non son desagradecido e aproveito para dende aquí recoñecer o moito que lle debo a todos os que me apuxan para que non me deixe ir. Sen embargo, sendo rigorosos, a ciencia sabe perfectamente que cando a homeostasis corporal se descompón e o ton vital afrouxa nas súas principais funcións, non hai ánimo nin ilusión nin vontade nin proxecto que os poda vencer. O corpo é un. Se non dás subido as escaleitas que te levan ao piso onde dormes, se para calmar a dor debes tomar drogas que te aparvan e se para resistir debes inxectarte velenos que te adormecen coma un castigo e cando espertas veste coma un trapo guindado no chan, ningunha forza mental, ningún autocontrol nin Mindfulness pode reconfortarte.
Sei que quen mas dedica é porque me aprecia, porque confía na miña vontade e loitan canda min para que o mal, xa que non quere desaparecer, alomenos se free
Porque a segunda ringleira de recomendacións, sobre todo dos que son instruídos, vén do lado dos libros que non son propiamente de autoaxuda e contan coa bendición dun creador con avales científicos en medicina e universidades de prestixio. Tal é o caso de Vivir con plenitud las crisis de Jon Kabat-Zinn, profesor emerito da univesidade de Massachusets. O libro, plúmbeo onde os haxa, estouno lendo coma quen vai a San Andrés de Teixido, procuro respirar como me ensina, e realizar diariamente o escáner corporal, e pasear meditando (é dicir, sen mirar á paisaxe nin aos pés), e todo canto vou aprendendo pouco a pouco, porque para ler as 600 páxinas necesítase tempo, constancia e fe. E non me rirei eu destas ensinanzas que tratan de reequilibrar o que o estrés rompe, bebendo na medicina e nas técnicas da meditación oriental. Pero insisto: se a principais funcións parasimpáticas escachan, non hai meditación, nin ilusión, nin vontade, nin farrapo de gaitas que reestableza o equilibrio perdido. O corpo non pode, non dá, e a mente é copro.

Despois xa chegan outras recomendacións menores, non as ridiculizarei, non anda un como para desprezar nada, chega un momento no que ata che gustaría creer nas pregarias para orar diante dun poder superior que me botase unha man, pero aquí xa entran todo tipo de consellos que pasan de boca en boca, ás veces defendidas por vivos modernos curandeiros, outras non se sabe por que si nin porque non chegan a propagarse. Xa saben: dietas determinadas (eu escoitei tantas que podo comer o que me dea a gana), baños de sal (por que non?, un par de días á semana relaxan e dorme un mellor e o sal non está caro), camiñar diariamente (isto non é nada novo, está admitido, difundido e confirmado que camiñar é bo ata para non morrer na cama se te pilla na faena), beber determinados brebaxes e usar moitos fungos, sobre todo se veñen de Xapón ou China. Eu en China estiven en Pekín nunha farmacia central grandiosa, dunha arquitectura preciosa e montada para o turismo de xeito que contaría con 50 empregados ou máis, todos despachando sen descando. E como engado maior, en varias zonas, sentados e meditabundos, unhas vellos con barbas brancas aconsellaban a quen lles preguntaban en calquera idioma do mundo. O resultado, polo que obsevei era sempre un idéntico botello de píldoras que tanto valían para os homes que solicitaban axuda para unha erección como é debido coma para as mulleres que desexaban manter unha pel de porcelana.

O que descoñecía é unha dieta que me descubriu esta mañá un amigo da Illa de Arousa. Que sabes dos berberechos?, pregunta. Que están bos. Non, home, como remedio contra os efectos secundarios da quimioterapia. Nada, respondo. Pois un familiar de Castellón acaba de me pedir varias caixas, disque son fantásticos. Así como o oín, dieta incorporada. Os berberechos gústanme ben.

sábado, 19 de noviembre de 2016

CLAUDIA SI TEME A TRUMP

Nacida en Honduras, Claudia leva máis de dez anos en Nova Orleans traballando de “mesera”. Non pasa dos 35 anos, vese informada e con ganas de aprender. A súa viveza e expresividade daría para unha enquisa longa e saborosa, non se corta á hora de expresar as súas opinións. Pregunteille a súa reacción diante da vitoria de Trump e custoume saír do comedor. “Me acosté tan tranquila, pues daba por hecho que este país non es tan inculto y votaría a la Clinton como mal menor, porque tampouco es una santa la señora. Pero a las dos de la madrugada me desperté sobresaltada, mi marido había prendido la televisión y ya se daba por cantado que el viejo racista era el nuevo presidente electo. No he podido dormir en toda la noche. El viejo ya nos ha fregado, de dije a mi marido. Y el, perdonando, me respondió que este es un país de cabrones encubiertos”.  Diante da miña sorpresa de que na cidade apenas houbese protestas coma noutros lugares do país ( so vin a un 40 rapaces berrando contra Trump e arredor de vinte defendéndoo, non causando reacción ningunha entre os espectadores da rúa), axiña atopou resposta: “Es que este es un estado de esclavos todavía, usted sabe. Aquí todo funciona pésimo: la enseñanza, la salud, la limpieza, los servicio sociales... Así son tan seguidores del viejo nazi que nos ha fregado bien fregados”.
            Cal é entón o que máis teme da acción deste vello racista como vostede lle chama? “Temo todo, señor. Es racista, homófobo, está aliado con los del Ku kux klan, es amigo del machista de Putin, odia a los latinos, desprecia a los negros... Es que además él, como bien sabe, es multimillonario. ¿Cómo cree que se hacen los multimillonarios? ¿No lo sabe acaso? Machacando, humillando, no tieniendo escrúpulos. No saben lo que es la conciencia. Así es. Si no eres así non puedes amasar tanto dinero. ¿Cómo cree, pues, que gobernará el país un hombre sin escrúpulos? A la tercera guerra mundial non puede llevar derechitos. Non será para tanto, trato de freala. Este país conta con institucións democráticas moi firmes, existen contrapoderes que o poden poñer no seu lugar, que non lle favorezan tales falcatruadas. “Eso piensan en la madre España, pero aunque tengamos la misma sangre, porque alguna tendremos en común, non se ven la cosas igual desde allá que desde acá. Yo he traído a mi mamá, a mi tía, a mi sobrina. Todas trabajan para sacar adelante la familia. Ninguna somos violentas, ni racistas, ni irrespetuosos con nadie. Pero no es así al contrario. Hemo sido maltratadas, utilizadas, humilladas para tener un trabajo bien malo. Si el país fuese tan democrático no existirían tantos votantes rabiosos, deseosos de expulsarnos, de tener la nación solo para ellos como si nosotros no contribuyésemos a su progreso. Se ha dicho siemprer, ¿no es verdad?, que este es un país rico por su aceptación de inmigrantes. Pues con este viejo la van a fregar. Se equivocan. Nosotros seremos peor tratados pero a ellos tampoco les irá mejor. Si ni listos son. La han cagado, hablando mal, bien cagada.”
            A súa compañeira María, a nicaraguana, non está tan atemorizada. Ten outra visión, parécelle que ladra moito pero no ha morder tanto. “Ay, María, qué buena persona, pero es muy ingenua, así le va, ya dos extranjeros se han aprovechado de ella para conseguir los papeles y luego tirarla como basura. María se conforma, como quien dice, es muy resignada e poco luchadora. Pero no es así, señor, confíe en  mí, conozco bien a estos gringos. Nos fregarán. Nos han fregado bien. Este viejo racista la va armar y bien gorda. Non tiene sentimientos. ¿No ve que parece un muñeco de goma? ¿No se ha fijado que ni se emocionó la noche de la victoria? Es un rico sin escrúpulos, no es político, es un maleducado que jalea los malos sentimientos de los pobres gringitos. Porque a los ricos les iría bien con uno o con otro, usted ya sabe, con la Clinton tampoco les iría mal, pero con este viejo loco a nosostros nos irá peor”.
            Sigue vostede, entón, moi preocupada. “ Y tanto, señor. Todavía no duermo bien. Y no dormiré hasta que vea por donde sale este viejo mujeriego, es capaz de lo peor. Y no se olvide, el presidente en este país tiene mucho poder.” Hai outros poderes que fan de contrapeso, trato de asentala. “No lo crea. Esos llegarán a buenos tratos con este negociante, ¿o cree que se puede llegar a ser millonario sin saber negociar? Tengo mucho disgusto. No me agrada nada este viejo. Y lo que más me irrita es que tantos votantes piensen las mismas sandeces que él”.

            Esperemos que non sexa para tanto, trato de serenala antes de me despedir. “Para eso rezaré, para que no salga lo peor de lo peor. Y usted que tenga buen regreso a la madre España, señor, que ya quisiera yo, aunque dicen que falta trabajo, poder establecerme allí, al menos los niños tendrían escuela y la mamá non pasaría penas por su salud. Que regrese bien y encuentre bien a su familia, señor”.

UN SAXOFONISTA SEN ALMA

SON tantos os grupos de músicos que tocan nas rúas e bares de Nova Orleans que podes abrir a boca pola mañá e non pechala ata a madrugada. Algúns son borralla ruidosa. Pero moitos demostran unha técnica e intensidade inauditas. En contra do que se pode crer, non son maioría os negros músicos, moitos brancos, e de altísima técnica, tocan saxo tenor, trompeta, trombón, baixo, batería, guitarra. En calquera rúa da zona francesa podes sorprenderte cun vello con estilo de profesor acabado improvisando unha peza de clarinete duha sensibilidade sublime, unha negra sentada, tocando o saxo tenor ao estilo de Olivier Franz, un mozo tranquilo manexando a trompeta ao estilo do mesmo Wynton Marsalis. Dos innumerables grupos aos que prestei atención, tres músicos me chamaron especialmente.
Unha era unha moza noviña, fraca e recuberta dun verniz de palidez que nin as pinturas de labios e ollos podían colorear, tocando o violín cunha desidia inexplicable. Entraba e participaba no ritmo , pero era tal o desmaio co que frotaba o arco contra as cordas que parecía imposible puidese saír algún son. Pero saía. Un son ledo, vivo, limpo, acompasado. Observei durante varias pezas a contradición entre a falta de entusiasmo da violinista e a música que do seu violín brotaba. A rapaza mostraba síntoma dunha tranquilidade causada por opiáceos, pero estrañaba que con tal desentendemento, coma se vivira moi lonxe, puidese acompañar e incluso enfrontarse a improvisacións longas nas que o desánimo non cadraba coas notas ora vibrantes, ora doces e melancólicas. Nin os cabelos dourados que lle tapaban a cara a invitaban a retiralos. Vivía fóra. Outro que me sorprendeu foi un cantante e trompetista que actuaba nun bar do Bourbon Street. Sentado, canso, cun dominio do escenario de quen leva pisado neles dende a nenez, pendente de cada espectador, cantaba cunha voz tan redonda nos baixos, e fraseaba con tanta fluidez que nin o propio Fran Sinatra. 
Asombraba a facilidade coa que dicía cada canción, sen un adorno, deixando saír unha voz tecida con adivales potentes, lisos, harmonisos. Dirixía o grupo coa mirada para acompasar e acoplar suaves descensos ao fin e cada historia. O seu cansazo, a vida derrotada que mostraba só na maneira de nos mirar, non impedía que abrazase cada canción con esa voz serena, grave, pulida, sen unha fenda de impostura ou falsidade. Pero quen máis me avivou a curiosidade foi un saxofonista vello, pulcro, elegante, coma un retirado galán de cine, cunhas gafas negas que nunca retiraba, sen dar palabra aos compañeiros, illado no seu mundo, sentado na cadeira coma se fose para botar unha sesta, descansando o saxo sobre os brazos cando no tocaba, e sen o máis mínimo entusiasmo, nin ritmo no corpo, nin manifestación algunha, coma un robot, interpretaba de memoria, coma se fosen actuacións do pasado, coma se aínda estivese nos seus tempos dourados. 
Tocaba sen que se lle movese nin o só cabelo prateado do seu cráneo perfecto. Se a violinista non estaba, se o cantante non podía disimular o cansazo, o saxofonista tocaba a pesar de xa non ter alma. 

martes, 15 de noviembre de 2016

MARÍA NON TEME A TRAMP



         

         María , a señora que me atende no pequeno almorzo do hotel onde me hospedo en Nova Orleans, mostra un sorriso sereno, discreto, con certo aire de resignación. É de nacencia nicaraguana pero xa leva nos EE.UU.trinta anos e considérase adaptada. Cando lle preguntei a súa opinión sobre o triunfo de Trump non quixo ser moi explícita. Veu dando unha resposta á galega: a ela tanto lle tiña, non cría que lle puidese repercutir en nada, nin para ben nin para mal, e daba por descontado que tanto descontrol na falancia non se traduciría en idénticos feitos. Unha compañeira negra, alta coma un eucalipto e desinhibida a máis non poder, pediulle traducción e cando lla fixo riu escandalosamente, marchou xurando que dela ningunha confesión conseguiría.
         Aquí, á beira do Mississippi, non se nota nin o máis mínimo temor nin desasosego polo triunfo do bocazas rubio. Certo que é un estado que o votou, pero na rúa, nos bares, nos comentarios non se percibe nin a máis mínima inseguridade nin intranquilidade. Igual que María, os nativos, negros ou brancos, parece coma se xa souberan que o resultado ía ser o que foi. Era moita a fartura polos gobernos desas clases – casta que dirían algúns- dominantes que se veñen alternado no poder para que as capas medias sufran e paguen con tódalas consecuencias. A working class está farta de padecer as políticas dominantes, esas que favorecen ás grandes multinacionais e van aniquilando ao pequeno empresario, ao traballador asalariado, ao artesán. América, a profunda, a máis extensa e calada, á vista está nos votos, anhelaba alguén que tivese a coraxe de dicir ben alto o que eles levan pensado ou ocultado por non ser políticamente correcto. Que hai que regresar a un mundo illado, refuxiarse na grandeza do país, rozarse con amigos estraños, guerrear só se compensa, ignorar as necesidades dos demais, favorecer os costumes e tradicións, sen tanto elitismo, sen tanto glamour, que fixeron a este país o máis poderoso da terra. É unha necesidade de negar o imperialismo para continuar con el. Unha contradición que rima ben con mensaxes simplistas: os inmigrantes son culpables, debemos pecharnos, levantar muros, mirar e preocuparnos antes de nada por nós e que cada quen se busque a vida por outro lado. América é terra de atracción e levantouse grazas á emigración e á bos mestura que soubo realizar en algúns momentos, pero iso é tempo morto, agora, os auténticos, os verdadeiros cidadáns, deben votar a que pensa pechar cancelas e persiguir aos vagos para que non se esborralle a súa grandeza.
         Durante a campaña, en Europa, que comprendemos pouco o verdadeiro ser dos americanos do norte, pensabamos que Clinton, por mala que fose, non tería adversario, el mesmo cavaba a súa tumba cada vez que abría a boca. Falso. Aquelo que a nós tanto nos escandalizaba e parecía incrible que alguén candidato a un país tan poderoso puidese dicir en mitins e declaracións públicos, ao amirador estadounidense medio encántabanlle esas estupideces, recoñecía nas súas brabatas a valentía da que o cidadán medio silencioso reprimía. Pero no fondo, moitos, tantos coma para lle dar o poder, aledábanse de que por fin alguén non tivese pelos na lingua, se deixase de correccións políticas e dixese que américa é para os americanos, que os triunfadores de verdade fanse ao seu estilo, e que un home non é menos por manifestar catro babosadas entre machotes sobre as mulleres, o que realmente invita a emulalo é o seu triunfo, as súas conquistas, as mulleres novas ao seu carón, a cara lavada de fanfarronear – tirunfadore, dono do éxito- coma se fose un chulo do motel de estrada que se atopa con compañeiros viaxantes fartos ao cabo do día  de pelexar por introducir os seus productos diante da dura competencia. Trump transfire orgullo aos silenciosos, ignorados cidadáns e traballadores asalariados que ven perder cada día vantaxes fronte aos escasos poderosos dominantes defendidos claramente pola casta dos Bush, Clinton e similares. Buscaban un Berlusconi estilo USA que lles quente os oídos e lles baile a auga durante o tempo de campaña. Un atrevido que promete repartir o método do seu éxito ao país. Logo, cando chegue a hora de gobernar, xa se verá.
         Na Bourbon Street, rúa expresión máxima do que T. Williams dixo referíndose a Nova Orleans como a última fronteira da bohemia, coñecidos os resultados do ganador. non se notou transformación mínima na rutina do se ambiente feseiro. Algún aplauso illado, algún brúo etílico, pero o que se mantivo foi a normalidade do cheiro a cervexa. Os propios ou habituais do lugar continuaban coa súa vida cotiá: fumando, esnifando, tirados na beirarrúa, bebendo, cantando, tocando na rúa tambores, trompeta ou saxo. Dentro, nos bares, as bandas de jazz non perdían o ritmo coa improvisación de quenda, as de blues continuaban co seu lamento rachado e as de rokc rebentando a batería para que a voz do solita incrementase o seu berro irto e rabioso. Aos turístas coma min ignórannos agás para que gastemos, somos espectadores dun día que non damos entendido nada. Ao final, entre os cheiros penetrantes da rúa, o rebumbio dos bebedores e as músicas mesturdas e incesantes, comprendín que tiña razón María na súa despreocupación pola victoria. O charlatán non tadará nada en que a Corte Suprema, os donos do petróleo e os magnates da industría do armamento e dos laboratorios médicos lle fagan tragar toda babosada atrevida para reconvertelo nun sensato e maleable gobernante. Total, como me parece que pensa María: o mesmos cans con distintos colares, ademais de que can ladrador soe ser pouco mordedor. Por iso en EE.UU., coma María, son poucos os que temen a Trump. Os que de verdade mandan levarano ao rego queira ou non. E quererá, seguro.