sábado, 8 de octubre de 2016

DOUS POLÍTICOS ANTIPÁTICOS

A ANTIPATÍA non é propiedade dos políticos. Hai antipáticos médicos, profesores, músicos, taxistas, pilotos, perruqueiros e xornalistas. Repártense entre tódalas profesións, calquera pode atopar no seu ámbito de traballo persoas que resultan intratables, pesadas, insoportables, baleiras. Pero como os políticos se expoñen máis e vailles no salario móstrarse en público coa súas habilidades e carencias, préstanse a que os cataloguemos como simpáticos ou antipáticos con maior facilidade. Cada quen seguro que ten a súa nómina de personaxes públicos que non lle fan ningunha graza, e haber hainos, por suposto, en tódolos partidos. Para empezar polo partido no poder, admito que hai moitos que me resultan pelmas. Pero hai dous que neste momento me parecen intragables. Un é o portavoz parlamentario Rafael Hernando e a outra a secretaria do partido María Do- lores de Cospedal (María Dolores de las Mentiras como lle chama Pedro J. Rodríguez).
Rafael Hernando, nacido en Guadalajara pero deputado por Almería, parece máis especialista en ir de bar en bar de Madrid a Almería fanfarroneando e lanzando bravatas que en mostrarse como un educado e rigoroso portavoz dun grupo parlamentario. O seu estilo chulesco, o descaro co que se entromete onde vexa que pode sacar titulares, as declaracións que nalgún momento se atreveu a lanzar con un sorriso e frialdade de frecuen- tador de barra de bar, non son propias dun político correcto.
Acórdome agora, escribo de memoria, de que acusou sen probas a UPD de financiarse ilegalmente, que lle chamou ácrata pijo a un xuíz, que negou o cambio climático coma un eco comunista e que tivo a torpeza maliciosa de comentar, a propósito da memoria histórica, que algúns só se acordan de seu pai cando hai subvencións. Como mostra, estas perlas. Mais no fai falta acudir á hemeroteca para detectar nel un riso de desprezo polo contrincante, uha elocuencia de club noturno e unha ambición que non se achanta diante de nada. María Dolores de Cospedal seguro que fixo méritos para ocupar o posto no que resiste, pero eu non acabo de verlle a máis mínima competencia. Sempre a comparei á secretaria de Mad Men. Unha muller insubstancial, fría, distante, impenetrable. Das súas aparicións públicas, agás aquela tan famosa na que explicara con claridade o tipo de contrato que mantiña Bárcenas co PP, non acabo de reter nin unha soa aportación á comunicación política.
Queixanse quen a padeceron como presidenta da súa comunidade do calculadora e insesible que se mostrou tomando decisións do máis discutible e da súa manipulación na televisión pública. Rajoy, que leva meses sendo considerado o maior estratega do reino, saberá por que a mantén nese posto, dende logo poucas políticas vin con tan escasa graza comunicativa, tan hierática, tan de pedra. Ata a súa retocada imaxe dá dela a sensación de estar maquillada en cera. Nin un gramo de paixón no que di, nin unha inflexión auténtica, nin un só sonido de empatía ou cercanía co outro. Un robot ben peiteado e frío que relata cunha monotonía insoportable a lección do día. En fin, dous políticos que no me resultan simpáticos e creo que tampouco benefician ao partido. E se para beneficialo hai que ser tan desagradables ou sosos, peor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.