O
Vaticano acaba de crear un novo dicasterio centrado nos desafortunados do
planeta. Una iniciativa competente nas cuestións que se refiren – e dígoo coas
súas palabras- “ ás migracións, aos necesitados, aos enfermos e aos excluídos, aos
marxinados e vítimas de conflitos armados e de catrástofes naturais, oas
encarcelados, aos desempleados e ás vítimas de calquera forma de escravitude e
de tortura”. Unha intención intachable que demostra que áinda na Igrexa resiste
vivo ese fío vermello que se ocupa nos que case ninguén quere fixarse: esa
humanidade sufrinte que resiste entre inxustizas, agresións e indiferencia. Que
no Vaticano se ocupen e nomeen a Peter Kodwo Appiah para tal encomenda paréceme
unha mostra da transformación que o Papa Francisco pretende no sentido de
recuperar o lado máis humanitario e achegado aos que sofren.
Claro
que só coa intención do Vaticano todos os necesitados deste ministerio non
poderán ser atendidos. A este mundo global acaeríalle ben que todo goberno
contase cun ministerio da aflición, pragmático, con recursos, transparente,
forte. Agradécese o exemplo de Roma, pero seguro que resulta insuficiente. Son
moitos o afixidos e poucos os entregados á súa causa. Porque a acción non só
require de actuacións directas sobre o mal xa expresado, senón enriba das
raíces do funcionamento global que causa tales desastres encadeados. Se
retiramos as catástrofes naturais (a pesar de que tamén golpean de maneira máis
violenta aos máis débiles), tódolos destinatarios do novo dicasterio son froito
dunha política organizada en función do beneficio máximo, da dominación do
forte sobre o débil, da imposición de medidas e leis por parte dos máis
favorecidos. Tráfico de armas, guerras, torturas, emigrados e escravitudes
varias, aínda coñecendo a condición humana, non se xustifican se non é por unha
política mundial na que non é o fundamental nin o dereito nin o respecto. Cando
lexisladores comenencias e a cobiza e ambición desmedidas se impoñen, o dereito
fundamental queda quebrado. Non vivimos nunha sociedade de dereito nin de
repecto porque se impoña a lexislación barata e parcial de intereses de
minorías entusiasmadas con controlar a economía e o poder. Certo que calquera
tempo pasado foi peor, que o comercio e a inciativa privada son imprescindibles
para o progreso, que nada peor que experiencias totalitarias de igualitarismos
falsos e manipuladores, pero cómpre, para non ser conformistas, resignados,
establecer modelos de actuación distintos. Pode soar a a caridade mal
entendida e
ineficaz un dicasterio destas características, pero con estratexias e
planificacións adecuadas poderían servir de indicadores por onde han de circular
a xustiza e a compaixón. Pode resultar iluso ou unha proposta inxenua querer
atender a tantos frontes dende un dicasterio competindo con outros máis
corruptos dentro do Vaticano, pero a idea da súa creación merece recoñecemento.
Ogallá comezasen a copialo moitos gobernos e fose frecuente escoitar as medidas
acordados polo ministero da aflición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.