Sempre considerei que hai un
momento transcendental na vida dunha persoa: ter fillos. A vida de antes e
despois nada ten que ver. Cambian radicalmente intereses, xeraquía de valores,
compromisos, resposabilidades. No momento en que un se converte en pai ou nai a
súa vida adquire unha dimensión que racha ou escurece moitas das actitudes e
condutas do pasado. Un fillo invade a vida coma unha inundación de auga, nin
espazo nin tempo resisten esta invasión tan absoluta das necesidades e
atencións que reclama un bebé. Todo se modifica en función das súa fráxil e
dependente vida, todo xira arredor de dar a maior seguridade, saúde e
alegría ao meniño.
Pero
ser pais é das tarefas máis complexas que se nos presentan ao longo da vida. Un
pode estudiar con paixón, dominar certas disciplinas académicas, terse curtido
en experiencias varias, pero chegado o momento de exercer como pais, as
respostas varían dunha meneira difícil de explicar. Persoas competentes en
diferentes áreas sociaias, perden o ripio e cometen as maiores estupideces;
nais que parecían alegres e serenas, convértense en ansiosas e angustiadas
mamás sobreprotectoras; pais en conxunto que parecían equilibrados e sensatos,
poden descompoñerse e saír cada un pola irresponsabilidade, temor ou inmadurez
que ninguén imaxinaba. E pola contra, adultos que se nos aparecían como non moi
formados, incluso triviais ou tarambainas, dan uns pais magníficos, seguros,
ledos, firmes, construtivos.
O
dito de que ninguén nos ensina a ser pais sendo que debería ser unhas das máis
importantes aprendizaxes resulta de sobra coñecido. Tantos aos que lles vai ben
na crianza coma os que amosan dificultades serias, lamentan sempre non estar en
mellores condicións para se enfrontar á complicada tarefa de criar e educar
dende o principio da maneira máis correcta . Está claro que aquelas persoas que
non resolveron aínda os seus problemas de responsabilidade e liberdade están
abocados ao fracaso. Educar é tomar decisións, ser firmes, seguros, decididos.
Quen se manifesta inseguro, fluctuante, temeroso, atormentado, acaba por
transmitir idéntica inseguridade e temor nos fillos. Nada máis desconcertante
na crianza que a dúbida permanente, a indecsión, o temor difuso. É algo que
maman sen levar o bico á teta. O tormento, a crise permanente, a búsqueda
constante dunha vida á que non se lle atopa a clave, son malos compañeiros da
paternidade. Ninguén pode eludir conflitos e tormentas na vida. E os fillos han
de sabelo. O que non poden é aprender dende o inicio que a vida é insegura por
principio, que nada garda un mínimo orde, que todo pode variar en función dun
berro, dun temor esaxerado, dunha falta de cordura e serenidade. O primeiro que
piden as critaturas ao chegar a este mundo é comprobar que aquela paz,
equilibrio, seguranza regalada que experimentaron como fetos no se escacha para
sempre ao respirar. Non é un mundo tan seguro nin tan confortable, pero si pode
experimentar que quen o desexaron están dispostos a transmitirlle confianza,
seguridade, esperanza no que ha de vir. Xa terá tempo o neno, adolescente,
adulto de experimentar que somos mortos de permiso. Nos comezos nada os asenta
e fortalece máis que un ambiente de calma, seguranza, paz, decisións claras e
firmes. Porque a clave está non tanto na espontaneidade, na cratividade, na
liberdade de accións e decisións do pequecho, canto no autocontrol. A
liberdade, asresponsabilidade e a creatividade son imposibles sen autocontrol.
Non existe obxectivo primeiro máis principal. Quen desexe uns fillos
concentrados, seguros, tendentes á alegría, nada deberán favorecer máis que o
autocontrol dende as idades máis temperáns. O autocontrol progresivo e
apropiado á idade resulta indispensable. Así como a cooperación. Axiña un neno
debe saber estar ao lado, axudar, facer, que é máis gratificante colaborar que
recibir permanentemente, ser principiño, agardar as atencións innecesarias e
inmerecidas de quen se afana sen sabelo por crear persoas débiles e fáciles á
frustración.
Non
existen normas nin escolas de pais máxicas. Ninguén nace aprendido nin debe
culparse por non facelo mellor cando o intentou con todas as súas forzas, e,
sen dúbida, existen individuos que nacen con característica psicobiolóxcas máis
complexas que outros e non son doados de conducir, pero se algo non merece
discusión nas últimas investigacións é a necesiade de autocontrol e
cooperación. Os nenos que dende máis novos saben autocontrolar as súas emocións
e rabechas e os que entenden que facer, facer cos outros, é máis divertido que
agardar pasivo polas comodidades e caprichos excesivos que che regalan, están
en mellores condicións de ser persoas máis autónomas, seguras e alegres. E diso
se trata, e non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.