PREGÚNTAME un lector como é posible que nos momentos de tristeza elixa pezas musicais tristes. Véñoo facendo dende hai moito. Pídeme o corpo esa dose de melancolía e tristeza sonora acompañando á que me perfora polo interior. Canto máis decaído e apagado, máis me anima o réquiem de Mozart, de Faure ou de Verdi, as tonalidades en sol menor de Bach asociadas coma en outros moitos autores ao lamento, a despedida en do maior de Mahler ou a doce melancolía do Der Leiermann de Schubert. Nada me pode ofrecer maior consolo e paz que deixarme vernizar pola súplica da aria Erbarme dich, mein Gott; ese lamento suplicante de piedade, de atención ao meu corazón, aos meus ollos que choran, por piedade, meu Deus, ese recoñecemento humilde e amargo de precisar piedade, expresado por Bach coa meirande fondura que voz e violín poden trenzar, é o mellor bálsamo contra toda desesperanza. Por iso á tristeza prescríbolle música triste por máis que a moitos os desconcerte ou lles repugne, como lle pasou a María Ligia, a colombiana que me axudaba na limpeza da casa.
No día da presentación xa demostrou unha determinación que non faría máis que ir in crescendo. Despois de saudarnos, eu tiña présa e dispoñíame a marchar, cando me freou en seco: Ay, no, no, doctor, mientras yo gobierne esta casa, usted no me va a la calle con esa camisa, pues. Quítesela, por favor. Fíxome espir, pasoullo o ferro e cando ma viu posta de novo, orgullosa, convenceume de canto mellor non ía así, coa camisa sen unha engurra, as raias marcadas, coma un pincel. A nosa relación continuou por moi bo carreiro, María Ligia era rápida, organizada e moi eficaz. Pero eu notaba que mentres ela realizaba as tarefas da casa e eu lía e escoitaba música, cando pasaba ao meu carón, poñía cara de dor, de incomprensión, de pasar por un mal trago.
Nunca me atrevín a preguntarlle se sentía algunha incomodidade debida a calquera conduta da que eu non fose consciente. Ata que unha tarde na que recibín a visita de miña nai, despois das presentacións, María Ligia non aguantou máis e aproveitou para se queixar: Pues como que me parece buena persona el doctor, doña Consuelo, pero, como decirle, pues, como que me da mucha lástima que se pase la tarde escuchando esa música de iglesia, señora, ¿non podríamos hacer algo? Yo tengo en la casa música para arreglar esas pena, me lo dice y al momento le traigo rumba y merengue y salsa para que se le mueva el ánimo... Non houbo maniera de a convencer de que a música que ela chamaba de igrexa era a que a min me movía o ánimo e agora teño a casa estrada de cds con reguetón, salsa e todo tipo de ritmos caribeños que tampouco son para desprezar e algún día utilizarei na miña dieta de música para a tristeza. Aínda que só sexa por agracemento ao regalo de María Ligia.
martes, 31 de mayo de 2016
viernes, 27 de mayo de 2016
SAÚDE E NEGOCIO
As empresas farmacéuticas,
xunto coas de armamentos, son das máis poderosas do mundo. A súa capacidade de
persuasión e presión sobre os gobernos é inmensa. As súas ganancias gozan duns
marxes extraordinarios. Dedícanse con tanto diñeiro á promoción dos seus
produtos que, a pesar da creación de leis de vixilancia das súas condutas,
aínda inducen á sospeita polas súas prácticas de seducción (?) daqueles que
deben contratar prezos e dos que dispensan os seus productos. Nos últimos anos,
a concentración do poder das farmacéuticas xira arredor de cinco ou seis
empresas de EE.UU. e Europa que, contra
a India, Brasil e Arxentina, procuran que ningún novo modelo se explore
no mundo. Ás empresas farmacéuticas vailles de perlas así e non mostran desexo
de que nada cambie. A fixación de prezos é pouco transparente, a innovación
escasa e o interese pola saúde queda aplastado polo puramente comercial. Con
isto non nego unha evidencia: calquera empresa busca beneficios, pero as que se dediquen á saúde deberían equilibrar obxectivos.
Elena
Villanueva, portavoz de No es sano,
nunha longa e clarificadora entrevista concedida a ctxt.es , rebate algúns dos enganos máis frecuentes deste modelo
farmacéutico e arguemnta as razóns polas que merece a pena reflexionar para
promover un cambio. Para empezar, é moi discutible a eficacia de que os prezos
dos medicamentos se fixen sobre a base económica dun país. As farmacéuticas
acordan prezos negociando segundo as posibilidades económicas dos países, o que
leva, entre outras consecuencias, a que algúns medicamentos adquiran uns prezos
de escándalo e que outros sexan escasos naqueles países nos que se pagan menos.
Que en España se paguen 25.000 € por un remedio para a hepatite e en Exipto 900
polo mesmo significa que tanto para España coma para Exipto, con custar “só”
900€, podería facer quebrar o seu sistema de saúde. Pero é que outro tanto lle
pode pasar a Francia polos prezos que están alcanzando os tratamentos
anticancro. A fixación de prezos exise unha revisión ou acabaremos decidindo de
maneira arbitraria a quen si e a quen non tratamos con fármacos de prezos tan
elevados ou arruinamos os sistemas de saúde. É de auténtico escándalo.
O
argumento que se soe utilizar para xustificar tal tendencia é o enorme gasto en investigación. Pero isto
non parece tan claro. A investigación esencial, a realmente custosa, a que
chega a descubrir unha molécula prometedora, está do lado da investigación
pública. O que soen facer as farmacéuticas é mercar esta patente e logo
realizar ensaios. Non é tanta a preocupación pola innovación, canto pola
rendabilidade. E parece inconcebible que sexa a industria farmacéutica a que
goce de maiores marxes de beneficios. Non só iso: ningúnha industria, nin a do
automóvil, pode permitirse, tal e como fan as farmacéuticas, sacar un modelo,
patentalo e durante 20 anos impedir que ninguén poida copiar ese avance. Isto
vai contra a innovación, traslada o interese primordial da empresa non a
solucionar problemas de saúde senón a alcanzar unha inaceptable rendabilidade.
Con
tal espírito empresarial, enténdese que se investigue sobre determinados
produtos e se esquezan outros. Non tardaremos segundo os expertos en carecer de
antibióticos que fagan fronte ás bacterias cambiantes, investir neles non dá
ganancia. Pero si, por contra, en fármacos para as enfermidades crónicas e para
poboacións que poden pagalas. Como exemplo, baste fixarse no incremento de
vendas de ansiolíticos e antidepresivos
para a maioría da poboación do mundo rico. Medicamentos que se usan debido a un programa ben planificado
para nos convencer de que son mellores os fármacos que a resistencia á dor, as
relacións sociais e o paso do tempo para solucionar problemas que sempre
existiron. En cambio, para as enfermidades mentais realmente necesitadas, as
ofertas en psicofármacos son menores. Investígase para curar o que non necesita
cura médica, creando necesidades farmacéuticas sobre perdas, desamores, estrés
e frustracións que sempre se resolveron con tempo e a dose de sufrimento que
vai asociada a vivir. En realidade,
sendo a industria que máis beneficios alcanza, non dá á sociedade os produtos
que máis necesita, senón os que a ela máis a benefician. Tanto é así que moitas
enfermidades quedan desatendidas por non ser rendibles. E cando atopan un
remedio para unha enfermidade crónica, o prezo resulta inalcanzable para
calquera sistema de saúde.
En
resume: a fixación de prezos, monopolios de anos que frean a investigación
innovadora, tanto investimento en comercialización
e a escasa transparencia entre o sector e os gobernos, invitan a que se revise
con urxencia o modelo - a que agarda a UE para intervir?-, porque, tal como
está, isto non é san, as relacións entre saúde e negocio esixen máis control
que unha operación de alto risco.
ADOLESCENTES DIANTE DA MORTE
A última novela de Ian
McEwan ( “La ley del menor”, Anagrama) é
curta, lese de contado. Non máis de 150 páxinas nas que ten espazo suficiente
para enfrontar dúas ideas ben razoadas e argumentadas, sen esquecer a pel e
paixaón dos personaxes que as representan. Fiona, a protagonista, é unha xuíz
brillante e respectada do Tribunal Superior de Londres. Especializada en
asuntos de familia, a piques de cumprir os sesenta anos ten detrás unha vida de
traballo, esforzo e rigor que a converteron
na muller sobria, organizada, temperada e prestixiosa que cumpre co seu deber
social nunha sociedade estruturada, onde orde e normas fan posible que, con
tódolos erros e fallas, o mundo funcione menos mal. Cuberta e protexida por papeis
que esixen sentenza, lendo as argumentacións das partes, informándose e
utilizando a súa sabedoría xurídica, conxuga o seu traballo intenso co gusto
pola música, a vida social dentro do seu ámbito de elite e o matrimonio cun
profesor universitario atlético, culto, bo compañeiro de vida. Non teñen
fillos, pero si familia, irmáns e sobriños, que cobren en parte as alegrías dos
nenos . O marido, algo maior ca ela, véndose no pórtico da última etapa da vida
e sospeitando que lle pode pasar o sol pola porta, non quere perder a última
oportunidade de vivir en plenitude a paixón, o ardor e a emoción que arrasa, e
utilizando parte de lealdade e parte de egoísmo que foxe da culpa, aclara
diante da esposa que está disposto a correr esa aventura cunha muller máis nova
sen deixar de querela.
Mentres
a culta e laboriosa xuíza tropeza con esta confesión, estando de garda recibe
unha solicitude dun hospital que desexa facer unha transfusión a un mozo de
dezasete anos que, por motios relixiosos, os pais e el mesmo se negan a aceptala. Tanto
os pais como os vellos gardiáns na fe da secta á que pertence (testigos de
Jehová) , presioanan, arroupan e animan ao adolescente para que se manteña
firme na súa decisión esixida por Deus. A leucemia que consome ao enfermo é maligna
e veloz, os médicos coinciden: se non recibe a transfusión, a morte sería o mal
menor, porque o rapaz podería quedar con graves secuelas para o resto dos seus
días. Aquí se plantexa o dilema: os dereitos dunha crenza, dunha decisión
persoal guiada pola fe dentro dunha sociedade laica rexida pola lei que ha de
atender o beneficio e dereitos básicos de todos. McEwan demostra nesta parte do
libro, cando a fume de carozo se ha de escoitar ás partes, atender os
argumentos dos pais, a situación persoal do enfermo, as reflexións fundadas
duns e outros avogados, para que a xuiza, a soas coa súa sabedoría, criterio,
responsabilidade, decida sobre a vida deste enfermo. Nunha decisión especial, a
xuíz opta por achegarse ao hospital para entrevistar ao adolescente. As
informacións que lle chegan sobre el coiciden: é un rapaz intelixente, maduro,
seguro, responsable, bo fillo, convencido de que a súa fe é garantía de que
debe entregar a vida. Non ten dúbidas. Cultiva a poesía e a música. Exprésase
con claridade e mellor que a mioría dos mozos da súa idade. Escoita e responde
con firmeza diante das preguntas ou presións sobre a súa decisión. O encontro
deste mozo coa xuíz Fiona será determinante, traerá consencuaias. Non tanto
para a xuíz, probablemente xa convencida da sentenza que ditará antes de se
entrevistar co rapaz, pero si para o mozo que atopará un modelo, unha muller
que lle cambiará a vida.
A
sentenza, como non podía ser doutra maneira e non adianto nada que estropee a
lectura da novela, argumenta con equilibrio e claridade a necesidade de que a
vida estea por riba da dignidade, e sendo escuprulosamente respectuosa coas
crenzas e opcións relixiosas de cada quen, non permite que se perda a vida dun
adolescente que talvez só ve o romanticismo da morte amparado no recoñecemento
dunha familia e unha comunidade coercitivas e pechadas en exceso que non lle
permiten descobrir outros aspectos da vida e do futuro.
Tras as consecuencias da
sentenza e da visita da xuíz Fiona ao adolescente enfermo, McEwan executa un
contraputo delcioso coa tensión de sentimentos entre a xuíz e o marido atraído
polas últimas ansias de lume vital. Unhas doses de poderosa observación mostran
a loita entre a resistencia a perder a comodidade do matrimonio como amizade,
seguridade, paz, coidado, costume, cariño entre irmáns, e a potencia que brota das entrañas esixindo un
grolo máis, outro, o último anque sexa, pero un último trago da ardente,
excitante e dolorosa sensación de estar plenamente vivos, de que un segue
resistíndose á chamada da morte. Un paralelismo moi agudo establecido entre a
morte romántica do adolescente que a ve como o recoñecemento da valentía e
coherencia entre os seus, mesmo xoga coa idea de facerse un vídeo no que se
inmola pola fe, sen ser consciente da dor, o aniquilamento e decadencia que
supón a morte real, e o romanticismo do maduro entrando na vellez que se
resiste por medio da paixón romántica á certeza da finitude, do cansazo, da
aceptación de que a vida tamén é vida aínda que non queime e ferva en todo
instante. En fin, a visión romántica de
dous adolescentes fronte á morte.
martes, 24 de mayo de 2016
ELA DÉIXATE ESTAR TRISTE
VÉÑENCHE á cabeza as dores do martirio, á boca os primeiros sabores do vómito. Acórdaste dos que chegaron á santidade por padecer múltiples e sádicos sufrimentos. A mamá contábachos de pequeno para te levar polo camiño da santidade, non cres que do sufrimento. E volven agora todos xuntos -os padecementos- á cabeza cando as náuseas gabean polo teu interior, furando en golpes imparables, obrigándote e cuspir as alegrías que non quedan dentro. E regresan impulsivas de contado, con máis potencia, máis frecuencia. Outra vez a boca aberta ata desencaixar a queixada pero co efecto paradóxico de te aforcar, coma se a gorxa quedara atrapada entre dúas mans de ferro que a espremen con forza sen dar conseguido líquido algún.
Roxen e rinchan as canerías do intestino, unha artillería coma de oriente medio zumba bombazos de cólico, cazas duns e doutros imperiores exteriores disparan en tódalas direccións do abdomen, terroristas desalmados, coitelos de mulleres desesperadas, gritos de nenos atemorizados alternan en te ferir. Todos mesturados e remexidos nun abdomen hinchado coma unha pelota de pel fina a punto de estalar.
Tratas de respirar fondo como ti mesmo lle trataches de ensinar a tantos que afogaban de angustia, procuras levar ben adentro o aire, céntraste nel viaxando por ti, gárdalo dentro canto podes, repíteste que estás tranquilo, que xa está pasando o peor, expúlsalo a modo, termando del coma se por soltarse se apagase a vida. Pero no intento un novo golpe de vómito sen contido esnafra todo control, toda paciencia, e quedas boqueando, limpando os labios por cuspir a nada.
Non se trata de dar mágoa. Tampouco de te considerar o embigo do mundo, coma se só ti sofrises. Moitos padecen moito máis. É só medio día pelexando contra estes síntomas. Non queres presumir de resistente, nin menos de mártir, nin aceptar con paciencia as dores que Deus nos manda. Estás seguro que se Deus houbese nada tería que ver con isto nin nada del dependería, sería un contrasentido. Lamentas reclamar máis coidados, que teñan que te atender con remedios químicos unha e outra vez, que limpar o que emporcaches. Coas horas os golpes que te querían baleirar vanse serenando, entra en calma o corpo, como esgotado, farto, regresando a un descanso que te deixa exánime.
Xa na casa, refúxiaste en non dicir nada, en non pensar nada. Acendes o aparato de música para escoitar o réquiem de Fauré. Déixaste ir na fermosura da música. Non dis palabra. E é entón cando máis agradeces que, como escribira Lucía Berlín, ela se achegue a ti, te abrace sen tratar de animarte, en respectuoso silencio, e así, apegada a ti, te deixe estar triste.
MADEIRA DE BUXO
SEN que pasen algúns anos, non é doado saber se a obra dun escritor perdurará. Para que a obra sirva aos homes de hoxe e aos de dous, tres, cinco, quince séculos depois haberá de escaravellar na esencia da natureza humna, nas preocupacións, curiosidades, angustias, praceres, temores e ilusións que non mudan por anos que pasen. E iso non se sabe no presente porque non depende do éxito nin da falta del, nin dos premios conseguidos nin das favorables críticas do momento.
Houbo autores que triunfaron no seu tempo, foron aclamados e seguen hoxe espertando as nosas emocións con idéntica intensidade. Hai outros que pasaron desapercibidos nos seu momento e logo, unha vez recuperados, comprobamos a grandeza da súa creación. Algunhas obras das máis apreciadas corresponden a escritores dunha catadura moral moi discutible; outros lograron o mérito de conxugar obra poética inmesa con personalidade de valores persoales que nos invitan á emulación. Autoras con ideas políticas reprobables escribiron obras luminosas; outros, admirados e seguidos pola súa valentía e honestidade comprometida, escribiron versos para cantar militares borrachos ou revolucionarios fumados. A universalidade dunha obra literaria conséguese grazas ao mérito dunha mente creativa capaz de captar a esencia do ser humano por riba de modas, actitudes personais ou compromisos políticos. Ata que os anos filtran determinados condicionantes é malo de saber quen perdurará e quen non.
Nestes días é fácil atoparse con escritos defendendo ou menosprezando a obra de C.J. Cela. Para uns, deixando de lado o personaxe público contraditorio elaborado por distintos motivos polo interesado, a literatura de Cela non conecta coa sensibilidade deste tempo, é obra que se ve oxidada, que reflicte de maneira demasiado apegada a realidade triste e miserenta do franquismo. Para outros, un literato de altura indiscutible, esquecido ou non valorado convenientemente por motivos extraliterarios. Eu atópome nunha posición dubidosa pero esperanzada. Hai moito que lin a súas obras coñecidas como maiores. Gustaríame que se confirmase co paso dos anos a súa vixencia.
A brutalidade, a asfixia, o ritmo de mazurca ou mar bravo, a linguaxe pescada en pecios que poucos atoparon, a valentía por inventar un mundo de palabras do que penduran as alegrías e pesadumes máis fondas dos homes, desexaría que o convertesen nun literato con vocación universal, porque claro é que a súa obra está construída con madeira de buxo.

NON TODO É ESFORZO
MENSAXES elaboradas con medias verdades penetran no noso entendemento cotiá coma quen non quere a cousa e convertémolas en verdades indiscutibles. Ese orballo idiolóxico que vai calando ata os ósos fainos crédulos sen captar as arestas ou sombras dunha realidade. Tal é o caso da importancia do esforzo. Sería ridículo negar a necesidade e valor do esforzo persoal, a constancia e resistencia para a consecución de fins. Calquera persoa que persiga algún obxectivo non poderá escapar desa intensidade que supón concentrarse e dedicarse con fe e tenacidade sobre aquelo que se ansía.
É, sen dúbida, cualidade que se debe inculcar nas primeiras etapas da educación infantil e que proporciona medios extraordinarios para alcanzar metas, ademais de lle dar a quen a posúe a inmesa alegría que trae sempre consigo aquelo que se logra a base de traballo e tesón. Cae polo seu propio peso, polo tanto, que aquelas persoas que destacan pola súa capacidade de esforzo merecen aprobación e son dignas de ser emuladas.
Isto, sen embargo, non xustifica a elevación de absoluto esta cualidade chegando á conclusión de que os que non progresan, non conseguen obxectivos ou non teñen éxito (palabra enormemente tramposa) na vida é a causa da súa falta de esforzo, por puros lacazáns. Esta visión ideolóxica tan propia dos triunfadores esquece unha serie de variables tan importantes coma o esforzo á hora de alcanzar determinadas metas na vida. Cheira a estupidez ou interese descarado crer que todo é únicamente debido ao esforzo. Ninguén é froito do seu único esforzo.
Esta conclusión sesgada só lles interesa aos ricos, para eles só o seu esforzo, a súa intelixencia, a súa categoría é causa da súa situación de privilexio. Os demais, pobres, por preguiceiros, curtos de miras, frouxos de ánimo, non dan máis, por iso cada quen está onde se merece. Un sesgo tan interesado e falaz que pretenden sexa verdade absoluta para culpar aos sen éxito, lavarse as mans e xustificar que nada debe cambiar. Esta ideoloxía tan apreciada nos EEUU é tramposa de raíz. Un exemplo: os miles de soldados que regresan das guerras (Vietnam, Irak) tolleitos, deprimidos, enganchados ás drogas, acaban en moitos casos na pobreza e na marxinación. É isto debido á súa falta de esforzo? Esforzáronse máis os intelixentes, guapos e afortunados herdeiros que agardaron nas cafeterías sofisticadas de Manhattan realizando negocios de mal ulido tomando un martini seco?
CACHORROS DAS ELITES
ALGÚNS mostráronse asombrados de que Mario Conde entrampase aos seus fillos na súa última flacatruada. Que el persistise nos seus malos hábitos pola súa mala cabeza, pase, pero complicarlle de tal maneira a vida aos fillos... A min non me sorprendeu en absoluto. É máis, estrañaríame que non os incluira entre as súas manobras de artista financeiro. Que lle ensinamos aos fillos co noso exemplo, non desexamos para eles o mellor? Considerándose o personaxe un dos mellores, como non vai inculcarlles que sexan coma el. Iso apréndese dende a nenez. Non é que os metese en malos pasos. A vida son malos pasos e do único que se trata é de saber dalos mellor ca ninguén e que non te pillen. Esa parece a filosofía dos triunfadores. Esa, polo tanto, será a filosofía dos seus fillos. Por que non habían participar? Non están, entón, os cachorros das elites mamando a cano aberto da sabedoría dos antepasados para continuar coa obra ou mellorala?
Rubén Juste de Ancos, nun artigo clarificador, demostra como os fillos das elites son alumnos aventaxados. Así por exemplo, os Aznar Botella encarnan á perfección as ensinanzas dos pais. Despois de realizar estudos no Cunef, moi noviños iniciáronse tuteando a Blesa e dirixindo inmobiliarias ou asentando nas oficinas centrais do Santander. Mozos con pedigrí que axiña se introducen nos lugares adecuados para fichar por empresas estranxeiras con poder ilimitado, para entenderse coa Sareb, para ulir as grandes oportunidades. Mozos con ulido especial para os negocios, para relacionarse, para triunfar, en definitiva, porque diso se trata. Dun triunfo que acompaña sempre –que casualiade– aos fillos desta xente guapa, con clase, que onde poñen o ollo poñen o éxito.
Outro tanto lle pasa ao Aguirre Jr. ou aos Pujol –e mira que son un fato– e tantos outros que nacen aprendidos e exercítanse nas artes da relación produtiva, da arte con beneficio, da innovación que vén do alén. Meteu o vello Pujol aos seus fillos en malos pasos? Non, home. Ensinoulles o que é realmente a vida. Que os pillasen é outro asunto. A tradición transmítese por convencemento. E todo indica que, unha vez nese nivel, ponden pillarte ou non, pero as tentacións van de acomodar a lei ás súas necesidades, e xa cando non se da manipulado máis, burlala con enxeño e marañas trapalleiras argalladas polos mellores profesionais ao seu servizo. Non digo que todos se rindan á tentación, pero xa sabemos das artes do demo. E non se enganen, todos estes cachorros falan entre eles o catalán e o que faga falta na intimidade. A esencia radica en continuar perpetuando a clase entre os dun, advenedizos, contados e ben contrastados.

CORRUPTOS CON CLASE
OS ESTRATEGAS do PP están convencidos de que nas próximas eleccións recuperarán votos. As razóns do seu optimismo son dúas princpiais: o votante está farto de inestabilidade e sabe que só da súa man se podería regresar a un mínimo orden, por unha parte; e pola outra, porque neste período de negociacións todos os adversarios descubriron cartas ( de ambigüidade os que se dicían de centro renovador e de radicais perigosos aqueles que intentaban mostrarse transversais) que lles servirán para o seu triunfo. Está ben fundada esta ilusión? Penso que si.
Como pode ser, preguntaranse con motivo, que un partido ao que non para de caerlle o lixo da corrupción máis vegonzosa enriba non reciba un castigo máis servero. Os últimos descubrimentos insisten na mestástase innegable que corroe a financiación do partido. Non se trata de mostrar fotos de señores en bañador tomando o sol no medio dunha paisaxe fermosa (a todos nos poderían sacar fotos similares), senón do descaro co que se admite por parte dos implicados que non existía outra maneira de operar se non era aportando cantidades de mordida esaxeradas tanto para o partido coma para as carteiras particulares dos cara lavada dos muxidores. Ante un cheirume tan evidente o lóxico parecería que o votante , fastiado, irritado, optase por claquer outra opción e castigase de maneira contudente tales prácticas. Pero non parece que vaia ser así.
A fidelidade dos votantes deste partido non parece coñecer límites. Chega a tanto o seu convencemento de que fóra das súas políticas a catástofe é inevitable que para todo atopan xustifcación. Non tanto pola satisfacción da eficacia dos seus líderes e as súas politcas, senón polo perigo que sufriría o conxunto social se alguén que non fose dos deles puidese gobernar. Que horror, verse gobernados por esa chusma! Por iso nada os moverá da súa fe inquebrantable nas vantaxes de aceptar a continuidade aínda que sexa tendo ao fronte un frío pasivo coma Rajoy (estafermo como lle deu en chamar P.J. Ramírez, pero completamente inxusto) e coñecendo de sobra que a corrupción circula polas veas das súas finanzas coma auga polo río en días de forte chuvia. Se algúns, baixo efectos dar rabia, cometesen o pecado oculto de castigalos nas pasada eleccións, están agora a tempo de se arrepentir con toda a culpa agochada por caer en tan burda tentación. En tempo de nada puideron ver cos seus ollos que ese atractivo Rivera pactaba co guapito e insulso Sánchez, para corruptos os socialistas, e demostraba que nada bo se pode agardar del e as laranxiñas que o acompañan. E se Rivera axiña os decepcionou, que dicir dese comunista ata agora tapado? Por favor, xa recibirán bastante beneficio ao xuntarse cos comunista declarados polos efectos da lei electoral e votos tamen fieis das clases incultas, desesperadas e inxenuas que non parecen ver o que está a pasar en Venezuela. Diante de tales escalofriantes visións, os descarriados regresarán acomplexados ao curro do que nunca deberan despegarse.
A estabilidade prefírese, salvo estado de desesperación inaprazable, a calquera incertidume. Por iso tamén moito voto resiste o insoportable cheiro da corrupción. E visto o resultado pasado e a previsión para o futuro, todo indica que sen o PP, por moitos votos perdidos, o equilibrio pende dun fío. O acorodo que se producise deixándoos fóra contaría con escasa capacidade de manobra para alcanzar as reformas esenciais que o país necesita. Outra razón máis para que os votantes fies non se desanimen e algúns escapados regresen. Por iso entendo aos estrategas do partido con máis votos nas últimas eleccións: na próximas, os mismos votos ou algúns máis son de agardar. Quedando os resultado así , sen eles, a ver que apaño se pode construír, sabendo que ao PSOE médranlle os inimigos dentro da casa, Rivera dá o que pode e Iglesias arrímase a pésimas compañías.
Se a relación causa efecto funcionase entre voto e corrupción, o PP debería sufrir un descalabro electoral. Non será así. Os cidadáns etenden que a corrupción é desculpable. Os votantes de partido saben con paixón que os corruptos dun son dun, completamente distintos dos do adversario, onde vai dar a diferenza. Ou queren comparar un pícaro andaluz, sen oficio nin beneficio, apropiándose de cartos públicos cun alto cargo, ben formado, de boa familia, conselleiro dunha seria e potente construtora untando a muxidores do PP para que se lles concedan obras millonarias cos cartos do erario público? Dentro da corrupción aínda hai clases...

O GUANXI NON O É TODO
CONTA GAY Talese en Vida de un escritor, que, cando viaxara a China seguindo a unha xogadora de fútbol que fallara o penalti decisivo co que as chinesas perderán a copa do mundo fronte ao equipo de EE UU, lle soprendera a importancia que naquel país tiña contar con guanxi, é dicir, con moitos e bos contactos. Coma se a súa pausada e madurada obra non estivese en grande medida apoiada no guanxi do que el se rodeou dende que rematou a carreira na universidade de Alabama, da facilidade para conectar coas máis importantes figuras do xornalismo da segunda metade do século pasado en Nova York, da súa hablidade para buscar, entrevistar, seguir, conxeniar, calar e ser cómplice das súas fontes e dos modelos que servirían para crear ese novo xornalismo fraguado en datos tan certos coma minuciosos pero contado coa arquitectura dunha ben trazada novela. Agora Talese regresa á actualidade polo próximo libro no que conta unha historia por moito tempo agochada dun hosteleiro obsesionado con espiar a vida segreda dos seus hóspedes. Un caso realmente morboso, non polas anotacións de conduta sexual dos seus clientes, disque máis ricas que todos os estudos Kinsey e de Masters e Johnson xuntos, senón polas repercusións de tipo legal que o seu silencio puidera traer por ocultar un homicidio do que foi testigo mentres se dedicaba á súa paixón por espiar a vida allea. Mais non só agora, dende os primeiros pasos no xornalismo deportivo, o escritor fillo de xastre chegado da Calabria –se cadra por iso a persistencia na súa indumentaria de figurino impecable–, mostrou unha habilidade especial para buscar as relacións clave no seu obxectivo: escribir libros ben informados e ben tecidos que conseguisen éxito.
En grande medida, a vida son relacións. Non só Talese necesitou de moito guanxi en China para chegar ata a futbolista, súa nai, a familia e amigos, o seu contorno en definitiva, que logo debuxa non só a vida dun individuo senón tamén a dunha comunidade, un inmeso país coas súas ambicións, contradicións, frustraciós e miserias. Calquera na súa profesión, no seu vivir sabe que todo xira arredor das relacións. A boa vida, a mala, os negocios, o ocio, o saudable, o pernicioso, a prosperidade, o fracaso, todo depende da facilidade, empeño e convicción que demostres en aproveitar as relacións. E para que, claro. Richard Sennett, ese músico que alcanzou a fama como sociólogo, insiste en que o obstáculo maior para que non funcionen os ascensores sociais é a rede de relacións. Por máis que se esforce ou conte cunha intelixencia privilexiada, aquel que parte dunha posición inferior sempre padecerá duha esixencia superior debido á súa peor rede de relacións, axenda de contactos, como se prefire dicir hoxe. Existen actividades máis solitarias e dun maior peso na concentración e soidade. Pero aínda estas, se non atopan caneiro polo que empatar as augas da creación coas da transmisión, quedarán ignoradas, perdidas.
Coas redes sociais nacidas a partir da explosión de internet, as relacións e axenda están sufrindo unha transformación revolucionaria. Pero non se debería prestar a confusión. Moito do que algúns consideran rede de relacións non son tal. Só un expositor á vista do mundo e dos intereses comerciais. Unha maneira de confundir amigos con seguidores, relacións con exposición. Sen negar a porta que se abre neste novo mundo, non me cabe dúbida que as verdadeiras e frutíferas relacións seguirán conseguíndose mirando aos ollos, escoitando, compartindo menú e mantel. Sobre todo compartindo a comida. Talese é un grande amante dos restaurantes. Houbo un edificio –o número 206 Este da rúa 63 en Nova York– que o obsesionou pola continuidade no fracaso de canto restaurante alí se asentou. Fíxolle un seguimento dende que o coñeceu e non houbo cociña nin inversor que alí prosperase. Nin italianos, nin exmulleres de Trump, nin magníficos cociñeros foron capaces de resistir cun negocio mínimo. Todos acabaron por pechar. E conste que todos, absolutamente todos, arrincaban cunha rede de relacións impresionante. Pero debe ser que hai restaurantes –se cadra polo que cega a bracura dos manteis– que non resisten nin ás mellores relacións da cidade experta en realacións por antonomasia, nin escritores que perduren só gracias aos contactos. Os libros de Talese tivo que escribilos a base de moita información e horas diante da máquina de escribir. Ningúns dos amigos e coñecidos cos que socializou ceando nos mellores restaurantes o fixo por el. Porque con ser esencial contar con moito guanxi, o guanxi non o é todo.

lunes, 2 de mayo de 2016
OS PORCOS ENTRAN EN RAZÓN
NON É por ser negativo, pero a realidade é túrzara: no campo galego non queda ninguén, só os vellos que viven como poden coas míseras pensións conformando ese espazo que eu chamo territorio sintrom, no que se resiste mentres a vida dure indo ao médico, á compra e á farmacia de vez en cando. Sei, como non vou saber, que hai declaracións de políticos e Plans de Desarrollo Rural e intentos no DOG por recuperar, conservar e fomentar a vida rural con xente nova, producións novas, experiencias novas. Pero os mozos non volven ao campo a non ser para dar algún paseo se son deportistas ou para pasar unha fin de semana de esmorga nunha casa rural, as ideas novas chegan cando xa están esgotadas noutros lados, e as iniciativas non contan con sufienciente garantía coma para que ninguén se empeñe en traballar coma un burro para perder cartos. Andan arriscados e valerosos recuperadoes tratando de inventar ovos milagreiros, limpos de colesterol, que unha vez comercializados non dan ni o soldo mísero que se están pagando nos servizos; outros inténtano co mel puro, sen contaminantes, oloroso e fabricado en flores e árbores virxes, pero vendido o bote de mel, non dá nin para os traxes de protección das abellas que están morrendo; proban outros coas galiñas e polos de Mos, pero hai polos e ovos a esgalla nos centros comerciais cos que non se pode competir; en fin, trátase agora, a última hora, cado sobran porcos en toda Europa, de recuperar a raza celta, un porco disque sabedor case coma o Ibérico.
Sei, como non vou saber, que hai declaracións de políticos e Plans de Desarrollo Rural e intentos no DOG por recuperar, conservar e fomentar a vida rural con xente nova, producións novas, experiencias novas
Coñezo a un par destes valerosos - non se inxenuos- recuperadores do campo galego que se meteron a probar criando porco celta. Para comezar, a burocracia foi implacable. A raza debe de estar perfectamente garantida, non teñan medo. Disque antes de poder realizar o transporte dos animais fixeron falta máis papeis que a algúns deben necesitar para traer mozas do este co pretexto de que as queren meter en conventos de clausara en Compostela. Pero arranxado o papeleo burocrático, perfectamente identificados machos e femias, cos seus pais ben coñecidos, e tamén os avós, os porcos chegaron á terra de leite e mel. Acólleos un souto de foto onde a herba está estrada de castañas . Alí, soltos, os animais gozan e fozan buscando os restos do último outono e corren ceibos en silencio, paz e terra limpa de contaminantes. Un paraíso celta.
O malo é que os machos andan ao que andan - como os homes, que xa saben que só pensamos niso- e lánzanse detrás das femias con furor sexual inaprazable. Nin pastores potentenes, nin cercas ben fundadas son capaces de detelos nos seus anhelos reproductores. O tempo aínda non é dado para o axuntamento e os porcos erotizados volven tolos aos intrépidos emprendedores, con que aí os teñen pelexando día e noite detrás dos porcos saídos para que non empreñen ás femias antes do que se debe, son aínda moi noviñas.
Se a isto lle unimos que as castañas e os produtos propios non dan para que os animaliños medren o que deben, polo tanto, botar man do pienso que se paga a prezo de ouro, xa andan os arriscados emprendedores e recuperadores do campo galego facendo contas de como lles saíra o quilo de porco celta unha vez cheguen ao peso polo que se pode vender. Pero como son xente voluntariosa, inquebrantable, resistentes á frustración, aí seguen pelexando con chuvia e frío, para que os porcos saian adiante. Van coidados con tanto mimo e tantas atencións que deberían pagarse a prezo de caviar. Veremos en que dá o conto.
De momento, menos mal, por unha chamada teléfonica de non hai moito aos ilusos recuperadores do campo, xa sei que as cousas melloraron un chisco. Os porcos comen ben, non morreu ningún, o sitio gústalles a rabear e afanse que dá gusto. Ata os díscolos machos famentos sexuais reduciron as súas ansias - capáronos- e entraron en razón: andan tranquilos coa piara e reprímense como é debido sen andar coma loucos destrozando todo por un pracer institivo efémero. O malo é que aquí entran en razón ata os porcos pero non os que deben entrar, e con isto non entendan que suxiro que a algúns habería que capalos...

EU NON FIRMO NADA
ANDAN ALGÚNS científicos –descoñezo se cos pés na terra ou revolucionados en exceso– anunciando que arrededor do 2045 xa estaremos máis cerca da inmortalidade. Así, o venezolano José Luís Cordeiro, nunha entrevista con Gabilando, anunciou que, grazas á nanotecnoloxía, cognotecnoloxía, biotecnoloxía e á infotecnoloxía, en poucos anos estaremos en condicións de previr, curar e retardar ata o impensable a morte. E insiste en que non é ciencia ficción, senón un adianto do que o futuro nos depara. A min seguro que non me pillan eses avances, pero ha de dar gusto ver, para cando chegue esta situación anunciada, como reaccionarán as xeracións máis vellas que teñan que adaptarse ao cambio. Porque é certo que a revolución do coñecemento e da información que estamos vivindo nos últimos cincuenta anos é espectacular e digna de asombro, pero o que nos agarda parece realmente romper a esencia de séculos de convicción e pensamento. Próteses máxicas remediaran os fallos mecánicos, o xenoma diranos o cáncro que nos agarda para previlo con moita antelación, órganos novos do trinque, coma pezas que se repoñen nun automóbil, deixarannos pulmóns, fígado ou corazón completamente novo, substancias milagreiras aliviarannos de toda dor e mal aínda non ben asome polo hourizonte. E, por se fose pouco, a nosa linguaxe, peza fundamental de transmisión de cultura, de pensamento, de comprensión da realidade, quedará anticuada, será unha maneira lenta e caduca de nos comunicar, pois de cerebro a cerebro, directamente, poderemos conectarnos e sabernos sen necsidade de palabras. En fin, que non sei se isto último me gustaría moito, pero, como dixen, estou libre de chegar a velo, o que non deixa de ser un certo consolo.
Vaian coa velocidade que vaian as prediccións, o que si está comprobado é que, pasados uns anos, aqueles que desapareceron, se puidesen volver á vida, non recoñecerían nada deste mundo. Máis nunhas etapas da historia ca noutras. Certamente houbo periodos bastante longos nos que alguén podería regresar sen levar excesivas sopresas, adaptándose inmediatamente, pero dende finais do século XIII, calquera que tivese a posibilidade de regresar a este mundo quedaría completamente anonadado. Non digamos no último século. Non habería fantasía que puidese adiviñar os cambios de vértixe que se produciron. Pensen, como consecuencia, o que pode ser dentro de cincuenta anos para quen desapareza hoxe. Incrible.

Eu non firmo nada porque o que ha de vir ninguén o sabe, que chegue a morte cando queira polo seu pé
Falando cun amigo que tamén anda tratando de distraerse da incertume que supón saberse cun mal que avanza con fera capacidade destrutiva, dicíame, por ser experto en medicina, que o máis curioso do padecemento é que, en dous ou tres anos, isto que nos quere vencer, podería dominarse coma algo banal. Enfermidades que hoxe chegan a un punto no que a ciencia baixa os brazos e acepta que non dá feito máis, é probable que en tempo menor do que pensamos, poida curarse coma con faciliade. Así avanza a ciencia, así os homes, de momento mortais, non a damos seguido, e, se cadra polos pelos, ímonos antes de que nos puidese curar.
Agora entendo ben o razoamento de meu pai. A dous meses de cumprir os 90, estando de charla cuns amigos, comentando a grande melloría que o renovou no último ano, un atreveuse a tentalo: "Estou seguro que así e todo, estando o ben que estás e co que levas vivido, se alguén tivese poder para ofrecerche con garantías que seguías tres anos máis nestas condicións e morrías, firmabas". Meu pai reflexionou unha miga, tranquilo, mirouno directamente aos ollos e respondeu: "Pois non, e dirás que son soberbio, pero non, eu non firmo nada; tal e como están os mundos e cos avances que a cada día se ven, eu non firmo nada porque o que ha de vir ninguén o sabe , que chegue a morte cando queira pero polo seu pé; quen che di que nestes anos non aparece algún medicamento que fai máis levadeiro ser vello?" Visto así... Eu, polo que poida ser, tampouco penso firmar nada.
O CAMIÑO DO REFERENDO
OS nacionalistas cataláns apuraron a situación ata tal punto que se cadra non queda outra: botar man dun referendo. As circunstancias quixeron que unha cantidade moi elevada de cidadáns (deixemos de lado que sexa menor ou maior que os non independentistas, é o suficientemente grande coma para xerar un problema), por métodos pacíficos, desexe independizarse. Iso non ten fácil solución. Dende logo, pechando os ollos e agardando a que se pudra ou se solucione por silencio administrativo, é dunha inxenuidade pasmosa. Cada vez medrará máis e cheirará peor. Algo cómpre facer.
Podemos podería ser un enganche para unha posible solución se non partise da inxenuidade de lles conceder aos nacionalistas a súa petición de principio. A fórmula que talvez podería avanzar na liña de solución fundamentaríase nun acordo firme dos partidos principais (PP, PSOE e Ciudadanos, moito mellor se contasen con Podemos) que establecese na constitución as regras e condicións para que se poida celebrar un referendo nunha comunidade. Porque un referendo non se pode realizar porque si, deben previamente acordarse uns cantos principios claros e contundentes: Cal é a pregunta e o seu obxecto; cales son as opcións; igualmente as consecuencias, o Estado debe aclarar que se derivaría de independizarse (ningún divorcio sae gratis) e o votante ha saber que lle agarda se sae si ou non da maneira máis obxectiva; e, por suposto, cal é o umbral da vitoria (non pode ser que se acepte un 49 ou 50% nunha decisión de tal importancia) e cada canto tempo se pode realizar a consulta (non vale tampouco convocalo cada ano ata que o resultado me favoreza).
Todos estes puntos ben estudados e establecidos deberían someterse ao referendo principal: a todos os españois. E se esas condicións para celebralo nas comunidades que o solicitasen foran aceptadas inicialmente por todos os españois, entón si tería sentido chegar a onde queren chegar os nacionalistas.
Pero só así, aténdose ao pé da letra ao lexislado e refrendado polo “demos” único que agora existe (os cidadáns de España), unha comunidade podería acollerse a eso que a Constitución aprobou, e en tal caso, nada habería que obxectar. E se cadra non queda outro camiño: deixarse de lerias, negociar e realizar un primeiro e fundacional referendo que podería dar pé a outro que solucionase dunha vez a martavela da chantaxe nacionalista.
PSICOFÁRMACOS INNECESARIOS
O PSIQUIATRA Allen Frances defende con sensatez a necesidade de rebaixar o exceso de diagnósticos e tratamentos psicofarmacolóxicos e acomodarnos á vida. Non denuncia que os laboratorios farmacéuticos presionen directamente sobre quen eleboran a biblia da psiquiatría (o DSM), pero si indirectamente e sobre todo no consumidor e os médicos de atención primaria.
El mesmo participou na elaboración desa biblia pero volveuse crítico ao observar que poderían diagnosticalo de catro ou cinco enfermidades con só abrir o gran libro dos males mentais. Existe unha serie de mal catalogadas enfermidades nas que caemos practicamente todos e que debemos resolver con relacións personais, resistencia e tempo. Medicalizar o estrés da vida cotidiá tratándoo de transtorno mental favorece aos grandes laboratorios pero non tanto a que vivamos mellor.
Existe segundo Allen un grande paradoxo: están máis medicalizados e investígase máis para os tratamentos de enfermidades dubidosas, das que probablemente habería que curar con tempo, familia, amigos e resistencia que para as enfermidades mentalmente graves. Para as graves cómpre máis investigación, as persoas necesitan realmente substancias que os aliven, e, ademais, é onde os riscos dos psicofármacos compensan. Non así nas enfermidades menores, onde case sempre os efectos secundarios superan os beneficios que se buscan. As enfermidades fronteirizas, as leves, aquelas que non deixan de ser na maioría dos casos condutas normais, reciben grande atención dada a gran cantidade de consumidores potenciais.
O círculo de motivación aparece claro: establécese un diagnóstico en base a uns síntomas, créanse fármacos para atacar o mal e o que non deixan de ser reaccións normais acaban por ser susceptibles de tratamento con drogas. O paciente agárrase a esa medida de salvación, esíxelle ao médico de cabeceira que lle prescriba remedios, e este, cunha media de sete minutos de atención por paciente, vese na obriga de facer un diagnóstico e prescribir un fármaco para que o cliente saia satisfeito da consulta.
Velaí o paradoxo: os grandes laboratorios céntranse máis nas persoas que non necesitarían psicofármacos e menos nas que realmente o necesitan, aquelas ás que nin a vida nin os placebos ni o tempo curan.
NON TODO É ESFORZO
MENSAXES elaboradas con medias verdades penetran no noso entendemento cotiá coma quen non quere a cousa e convertémolas en verdades indiscutibles. Ese orballo idiolóxico que vai calando ata os ósos fainos crédulos sen captar as arestas ou sombras dunha realidade. Tal é o caso da importancia do esforzo. Sería ridículo negar a necesidade e valor do esforzo persoal, a constancia e resistencia para a consecución de fins. Calquera persoa que persiga algún obxectivo non poderá escapar desa intensidade que supón concentrarse e dedicarse con fe e tenacidade sobre aquelo que se ansía.
É, sen dúbida, cualidade que se debe inculcar nas primeiras etapas da educación infantil e que proporciona medios extraordinarios para alcanzar metas, ademais de lle dar a quen a posúe a inmesa alegría que trae sempre consigo aquelo que se logra a base de traballo e tesón. Cae polo seu propio peso, polo tanto, que aquelas persoas que destacan pola súa capacidade de esforzo merecen aprobación e son dignas de ser emuladas.
Isto, sen embargo, non xustifica a elevación de absoluto esta cualidade chegando á conclusión de que os que non progresan, non conseguen obxectivos ou non teñen éxito (palabra enormemente tramposa) na vida é a causa da súa falta de esforzo, por puros lacazáns. Esta visión ideolóxica tan propia dos triunfadores esquece unha serie de variables tan importantes coma o esforzo á hora de alcanzar determinadas metas na vida. Cheira a estupidez ou interese descarado crer que todo é únicamente debido ao esforzo. Ninguén é froito do seu único esforzo.
Esta conclusión sesgada só lles interesa aos ricos, para eles só o seu esforzo, a súa intelixencia, a súa categoría é causa da súa situación de privilexio. Os demais, pobres, por preguiceiros, curtos de miras, frouxos de ánimo, non dan máis, por iso cada quen está onde se merece. Un sesgo tan interesado e falaz que pretenden sexa verdade absoluta para culpar aos sen éxito, lavarse as mans e xustificar que nada debe cambiar. Esta ideoloxía tan apreciada nos EEUU é tramposa de raíz. Un exemplo: os miles de soldados que regresan das guerras (Vietnam, Irak) tolleitos, deprimidos, enganchados ás drogas, acaban en moitos casos na pobreza e na marxinación. É isto debido á súa falta de esforzo? Esforzáronse máis os intelixentes, guapos e afortunados herdeiros que agardaron nas cafeterías sofisticadas de Manhattan realizando negocios de mal ulido tomando un martini seco?
BABAS DE TENRURA
LEVAMOS enredando un bo anaco. Non cansa. Mira, trata de apreixar, inventa sons, experimenta cos dedos na boca. Apreixa coa man o axóuxere que eleva e move en tódalas direccións. Ri satisfeita. Para unha miga, asombrada primeiro, despois coma se avaliase a potencia da que é capaz. Agora espernexa con velocidade, con enerxía. Queda entusiasmada de tanta vitalidade ao espernexar. Móvese na tumbona coma para demostrar que é capaz de erguerse, non pode, pero non se irrita. Ri. Outra vez axita o axóuxere coma se estivese encargada de anunciar a festa que nos agarda. Babexa. Ensina a lingua.
Continúa experimentando sons que repite orgullosa: be, be, be, eh, eh, be, eh, ah, ah, ah. Non para coa súa actividade que me esixe atención plena. Fágolle carantoñas que a fixan concentrada no meu rostro. Reproduzo muuuu, coma se fose vaca, oinc, coma un porquiño, guau, guau, coma un cadeliño, beeee, coma unha ovella. Atende seria. Repito beeee e ri. Tira o axóuxere ao chan. Devólvollo. Volve a tiralo. Recólloo e tírao varias veces. Canso pregúntolle se quere vir para o colo. Non fai falla que me responda, ao achegarme fai por se erguer cara a min.
Abrazada, ben pegadiña a súa cara á miña, experimento ese ulido co que só os bebés nos embriagan, acariño a súa caluga cuberta dunha peluxe dourada, séntoa cómoda sobre os meus xeonllos para que me mire e rir xuntos. Quere explorar a miña cara coa súa manciña. Achégolla e agancha do nariz, tira del, examínao metendo os seus dedos polas ventás, rabuñando un pouco coas súas uñas afiadas e tenras. Saca un anaco da súa lingua. Saco eu a miña e fágoa rabear porque agóchoa cando ma quere coller coa man. Así varias veces. Tenlle mérito e ri e mete a man na miña boca para buscar esa lingua que desapareceu.
Déixome caer no sofá e póñoa enriba de min. Escala ata se colocar sobre a miña cara e entón comeza a festa: agancha unha orella e tira, rabuña, volve a tirar; outra vez explora o nariz; mete os dedos nos meus ollos; deixa caer a súa boca enriba da miña cara e bábame, cóbreme de bicos de baba, canta coa súa voz primeira un ahahahah de contento do que non se farta mentres me sente rir a escachar louco de felicidade, exultante, ata que a elevo tanto como dan os meus brazos, fágoa descender outra vez sobre min para acariñala e bicala enchido de ledicia. E mentres a acariño todo babado, acordo o que escribira Kawabata: ao tocar a pel suave da nena as mans e os dedos enchéronselle de amor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)