Sospeito que o fracaso de
Podemos será tan de vértixe como a súa irrupción. Tiveron a súa oportunidade,
partiron dun momento excepcional onde a
indignación buscaba expresión como fose, crearon unha estratexia de
departamento de facultade e parecía que conquistarían os ceos, pero a táctica
aplicada no día a día demostrou que eran torpes, inexpertos, ambiciosos sen
límite, maximalistas. E os votantes, “a xente”, decpecionouse e decepcionarase
aínda máis. Non era isto, non era isto o que se buscaba.
Non
souberon aproveitarse da transversalidade, caeulles a careta diante de
situacións moi concretas, mostraron un nivel ínfimo de habilidade parlamentaria
e quebraron a ilusión de moitos votantes que non comungan coas rodas de muíño
de repetidas frases demagóxicas. Luz e auga para todos, que os nenos non pasen
fame e atendender as necesidades minínmas de todo ciudadano non é un programa.
É un desexo que tanto Iglesias coma Rajoy poden manosear ata o aburrimento. O
que necesita a sociedade son medidas prácticas, viables, sensatas de
organización social para que esas penalidades se atenúen. Pero a fanfarría
demagóxica de Podemos xa chegou ao límite coa súa ladaíña. Poucos creerán,
vendo a súa actuación despois das primeiras eleccións, o seu afán cego por
gobernar ou superar ao PSOE, a súa carencia de sensibilidade para rebaixar
aspiracións e negociar con humildade, que sexan eles os que propoñan medidas
realistas para mellorar o que tanto critican. Desnortados, frustrados,
esnafrados pola pura realidade, comezan a disgregarse e desincharse coma un
globo de feira que pinchou na primeira patada dun neno traveso.
O
gran erro da formación veu polo lado do problema crucial de España: o separatismo. O
seu intento de pactar con formacións de claro tinte separatista ou de
ambigüidade ben calculada sobre o dereito a decidir, colocounos nunha posición
tramposa. Por un lado aportáronlle votos impensables en Cataluña, no País Vasco
e en Valencia e tamén algúns en Galicia, levándoos a soñar que por esa liña tan
estreita de non separatistas pero si defensores do dereito a decidir ían atopar
o verdadeiro camiño da solidificación territorial. Pero todo foi un engano
incrible e inaplicable. Saberano cando pouco a pouco todos estes grupos
nacionalistas os vaian deixando na estacada. Uníronse a eles para utilizalos de
cabalo de Troia, pero visto que tocar poder vai para lonxe ou nunca, estes
prácticos independentistas abadonaranos en menos que canta un galo.
Equivocáronse querendo coser sen nunca cortar un traxe nin pespuntear un
remendo. Non se pode ser xastre sen
aprender o oficio. Esas alianzas desembocarán nunha desfeita cantada sen
posibilidade de reconstrución. E entón e cando verá Iglesias e compañía o
verdadeiro apoio co que contaban, porque estes votos prestados regresarán ao
seu dono moito antes do que supoñen.
Ademais
desta arriesgada opción, caeron na impaciencia do adolescente ilusionado polos
primeiros triunfos. Demostraron unha incapacidade para a prudencia e a
previsión alarmante. Negarse a un acordo co PSOE e Ciudadanos impedindo chimpar
fóra ao PP, todo pola infantil ambición de superar ao PSOE ou incluso pola
inxenuidade de que poderían vencer ao PP, foi todo un alarde de ambición
impaciente e imprudente, falta de serenidade e infantilismo político. Así están
agora, refundándose, pelexando, discutindo, inventando novas saídas para
recuperar o impulso perdido.
E
neste proxecto de reanimación, quen vence parece ser que é a idea de Iglesias
de recuperar a rúa. Un método gastado, esgotado, inoperante, mil veces
comprobado que non acaba nunca ben. Xogar coa mobilización da rúa significa
desesperación, irresponsabilidade e engano para o ciudadano. Distraer aos que
padecen a crise con manifestacións e actos violentos só creará tensión
ineficaz. Enardecerá a desesperados ou oportunistas, pero disuadirá ao votante
sereno e racional que esperaba outras ideas, outras maneiras e outra proposta
política de Podemos. A intención actual de se centrar na rúa non é máis que o
certificado de defunción dun proxecto ilusionante que acabará nun partido
extremista sen apenas representación parlamentaria e que non aportará nada do que a política española necesita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.