lunes, 22 de febrero de 2016

COLA NA OFICINA BANCARIA

HABÍA só tres empregados: unha señora falando por teléfono; outra no mostrador atendendo ao público, e un señor –o director– pasendo pola oficina, do seu despacho ao centro de operacións, papeis na man, con aire de ocupado, pero paseando. Esparabamos seis persoas cando cheguei, pero a persoa que atendía non avanzaba, o cliente tería moitas operacións que realizar, e a cola foi medrando. A empregada do teléfono continuaba colgada del; o director, pasenado. Pasados vinte minutos, farto de agardar, nun dos paseos do director pregunteille se non habería maneira de solucionar tanta espera, non me parecía normal que ocorrese sempre igual cada vez que alí entraba.
Nunca tal lle dixera. Probablemente o meu ton non fose de excesiva serenidade, levaba algún tempo bufando, necesitaba cumprir co cometido ao que viñera pero non tiña toda a mañá para observar como un empresa con grandes ganancias, que cobra comisión por respirar, non ten a amabilidade de procurar unha atención delicada aos seus clientes. "Que quere que faga? Vaia a calquera outro banco e verá que tamén ten que esperar; hoxe é así", deume por explicación o director. Pois será así en tódolos bancos, pero no que eu elexín gustaríame que intentasen tratarme mellor, respondinlle. "Facemos o que podemos", continuou mirándome mal. O que podemos... Lembro un antecesor seu que en situacións de apuro axudaba no mostrador para aliviar a cola.


"Quere dicirme a min como teño que organizar a miña oficina?", empoleirouse. Non, dígolle o que pasaba en tempos pretéritos nesta oficina. E como o resto dos clientes apoiasen as miñas palabras e protestasen tamén fartos, o director ascendeu no seu cabreo: "Oiga, non me irrite vostede aos clientes, aquí todo o mundo estaba tranquilo ata que vostede comenzou a reclamar sen razón. Sen razón?" Parécelle de recibo que teña que mendigar os meus cartos coma se mos regalasen? Non entrará entre as súas funcións informar aos seus superiores se é que non ten persoal suficiente? "Repítolle que a miña oficina organízoa como me dá a gana e os informes aos meus superiores non me vai vostede dicir os que teño que mandar. Se non ten tempo , volva noutro momento. Xa llo dixen: hoxe en tódolos bancos hai que facer cola". Marchei, claro. Pero o curioso é que si, que en tódalas oficinas bancarias hai que facer cola e que a atención descende cada día que pasa. Por se non abusaran o suficiente...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.