Miguel
Delibes, referíndose aos últimos anos da súa vida, fartouse de dicilo: eran
anos que sobraban, de lixo, inútiles. Instalado nunha depresión severa despois
da morte da súa muller, sen ánimo nin forzas para escribir, dicía, nin unha
cuartilla cun mínimo de coherencia e sentido, esgotado físicamente, despois
deste punto sen retorno, aceptaba, non compensaba vivir. Segundo as súas
manifestacións, en determinadas ocasións, alomenos no seu caso, non era preciso
vivir tanto. Chega un momento no que a
vida está esgotada, non dá máis de si, xa cumpriu co seu obxectico e prolongala
máis é un martirio innecesario. Lázaro Carreter coincidía con esta visión. Nunha
das últimas entrevias que concedeu engadiu un aspecto ao dito por Delibes:
ademais de ser anos de lixo, se un é conscienente, peor. Opinaba o profesor
que, cando o deterioro físico é tan grave, como era no seu caso, e de nada do
que un desfrutaba podía seguir gozando, a consciencia, ter a cabeza no seu
sitio, lonxe de ser unha vantaxe, significa un serio inconveniente. Amargado e
canso polo declive físico, Carreter preferiría non verse así, non experimentar
en propia carne as miserias do declive do corpo, non ser consciente de que a
vida podrece coma unha froita pasada de tempo. Verse así amargábao, iso non era
vivir.
No sentir popular, esta idea tamén está
moi estendida. Co tempo que agora se vive, en situación limite por accidente ou
discapacidade manifesta, non é raro escoitar nos actos de pésame oun enterro a
frase que o resume todo: “Para estar así, mellor que Deus o levase”. E tal
maneira se lle traslada aos seres queridos, non tanto por consolo, senón por
puro convencemento. Xa non digamos nos casos extremos, aqueles nos que por
enfermidades de aniquilación plena do eu, deixan ao ser nun estado inconsciente, vexetativo, que
mesmo fan dubidar filosóficamente de se
iso é vida ou non. Expertos en Alzheimer alertan que incluso estes enfermos
máis deteriorados responden por momentos a estímulos de afecto, de contacto
corporal, pero quen teñen que atendelos
desconfían de tales afirmacións. Desesperan diante da desorientación
espacio temporal, das agresións ou prantos, da perda de control de moitas funcións
parasimpáticas que fan do enfermo un ser desvalido, incomprensible, acabado. A
compaixón, piedade e responsabilidade ética que nos distingue doutros seres
vivos anímanos a coidar e tratar co maior respecto a estes enfermos, sexan
familia ou por simple obriga profesional, pero cando a morte chama por eles
parece que Deus entrou en razón e remata co calvario ao que todos estaban
condenados, proporcionando un alivio coma se a morte, caso raro, fose unha
bendición. Case coma un paradoxo: aquelo que máis tememos, o que nos impulsa a
fabricar maior número de estratexias para distraela e aprazala, en determinados
momentos convertese en algo polo que clamamos, supiramos, non experimentamos
rubor en dicir: “ Se Deus o levase...”. Iso mantendo a conduta socialmente
aceptada, porque se escaravellásemos no interior fondo e oculto o que lle
escotariamos probablemente a moitos sería: “A ver se dunha puta vez morrese”.
Prepararse para morrer non é asunto doado. Por iso optamos pola evasón. O medo alimenta a
incredulidade de maneira que estamos diante dela, da morte, e aínda non a
vemos, tocámoslles case cos dedos e aínda non o cremos. Coma se na medida en
que se aproxima, os autoenganos cos que comungamos, por débiles que sexan na
súa argumentación, resúltasen relativamente tranquilizadores e fortalecedores
da incredulidade. Ningún momento resulta adecuado para morrer. Sempre é cedo.
Por iso son máis cribles e merecen atención esas persoas lúcidas e intelixentes
que aceptan e declaran abertamente que sobran anos e chega un punto no que a
morte debería estar máis atenta e presentarse sen tanta lentitude. Eses anos
que moitos, de maneira consciente e voluntaria,
consideran inútiles, de lixo, enfróntannos a unha seria e irrenunciable
decisón moral. Poderían optar por acurtar eses anos, días, do lixo? Deben as
leis, respectando valores incontestables, definir as condicións nas que estas
persoas poden libre e dignamente acabar cos anos do lixo? Non nego a
transcendencia e finura coa que isto debería lexislarse, moito máis se nos toca decidir por outros
completamente incapacitados, perdida toda posibilidade de decisón propia. Pero
a estas alturas, coas habilidades mecánicas que a tecnoloxía médica conta para
prolongar o fío mínimo e último de signo vital, ás veces máis parece crueldade
que defensa da vida, martirio que afán por curar, manter con vida a aqueles que
padecen auténticos anos ou días de lixo, que sobran, que non aportan nin dan
nada ao que foi vivir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.