Debe ser difícil manter unha conversacón con tradutor
polo mediol. Javier Marías ten páxinas de humor fino sobre as relacións entre
tradutores e políticos. Como Rajoy non fala inglés e Trump non sabe español nin
creo que o desexe aprender, imaxino que a conversación puido ir por calquera
lado. A información que nos proporcionaron foi escasa, pero é que probablemente
non había moito sobre que informar. Que se pode dicir en 15 minútos, tradutor
por medio, entre dúas persoas que falan sen querer dicir moito? Non se
estrañen, pero entre o que un presidente e outro se dixeron non creo que difira
moito da conversación que lles relato.
Trump: Bo día, presidente Rajoy. Fálalle o presidente
dos Estados Unidos de América, o país primeiro e máis grande sobre a terra.
Rajoy: Boas noites presidente. Seino, sei que o seu
país é moi importante e por iso nós queremos unhas relacións cordiais e que
favorezan os mútuos intereses
Trumpo: Canto gasta do PIB en asuntos militares,
Rajoy? Chega ao 2%?
Rajoy: Xa sabe, presidente, que somos un país serio, o
que máis está medrando na UE, un país ao que lle gusta facer a cousas como Deus
manda, con sentido común.
Trump: Canto pensa gastar en defensa, presidente?
Rajoy: Nós intentaremos chegar a unha cifra razoable.
Sabe que a nosa ministra de defensa, Dolores de Cospedal, é umha muller moi
competente e está disposta a colaborar.
Trump: María Dolores do que?
Rajoy: Cospedal.
Trump: Pois que Cospedal me mande un informe da
previsión de gasto canto antes para que os meus asesores o estuden.
Rajoy: Por suposto, presidente. Tomareino como algo
prioritario. Por certo: non lle viría ben un mediador entre os países de fala
hispana e a UE? Eu, encantado, estaría disposto a...
Trump: Iso non corre présa, amigo Rajoy. Diso xa nos
encargamos aquí.
Rajoy: Por suposto, por suposto, non dubido...
Trump: Que tal o clima por Madrid?
Rajoy: Algo frío, presidente, pero polo que lin nas
noticias, nada que ver coa neve que cae por aí.
Trump: Ben. Agardo ese informe da señora María Dolores
Rajoy: Claro, presidente. Coñece España?
Trump: Pouco
Rajoy: Debería vir por aquí. Non sabe as marabillas
coas que contamos. Eu vivin sempre nunha zona fermosa, Pontevedra, e perto
temos un paseo que se chama da auga que é unha delicia para camiñar.
Trump: Non me gusta camiñar, presidente
Rajoy: Dicíao porque poderiamos facer unha excursión,
virían os meus amigos a presidenta do Congreso e mailo seu marido, xente moi
afable que lle gustaría coñecer. Poderiamos tamén, se quere, invintar a outros
personaxes que sexan do seu interese.
Trump: Isto prolóngase, presidente Rajoy. Non me gusta
pasear. Nin teño interese por coñecer á presidenta do Congreso. Estou moi
ocupado con asuntos de transcendental importancia coma para ir de paseo cos
seus amigos. E non o tome coma unha descortesía.
Rajoy : Por suposto que non, presidente, sei das súas
ocupacións. Xa lle digo, en España gústanos facer as cousas ben, somos xente
seria, podemos colaborar. E ous touros gústanlle? En Pontevedra temos unhas
corridas en agosto de moita sona
Trump: Non. Non me gustan os touros. Non esqueza o
informe da secretaria María Dolores.
Rajoy: Por suposto que non, presidente.
Trumpo: Polos paseos que dá é polo que ten vostede un
andar tan marcial, Rajoy?
Rajoy: Pois... é posible
Trump: É que me fixei na televisón da útlima de
reunión de Malta, anda vostede con estilo militar, iso gústame. Non esqueza o
informe da señora María Dolores.
Rajoy: Por suposto que non, presidente Trump. Que teña un bo día
Trump: Antes de pechar. Ten moitos terroristas en
España?
Rajoy: Non. Nós iso témolo bastante controlado...
Trump: Pero vostedes non son ademais da UE de África?
Rajoy: Perdón.
Trump: Non son colonias súas Ceuta e Casablanca?
Rajoy: Melilla, Melilla.
Trump: Si, aí onde teñen ese bo muro con concertinas.
Rajoy: Facemos o que podemos, Presidente.
Trump: Gústame ese muro. Ben. Insisto: que me chegue
inmediatamente ese informe do incremento de gasto do señora María. Un saúdo.
Rajoy: Saúdos, presidente. Quería, por útlimo...
Pi,pi,pi,pi,pi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.