Mostrando entradas con la etiqueta guerra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta guerra. Mostrar todas las entradas
lunes, 25 de abril de 2011
MATAR. MANDAR MATAR
Non sei se con idénticas palabras, pero isto foi o que dixo o exguerrileiro sandinista coñecido como Daniel Alegría: A guerra fana mozos contra mozos, que nin se coñecen nin se odian, pero mátanse entre eles. E estas guerras están ordenadas e dirixidas por señores gordos e vellos, que si se coñecen e ódianse a morte, pero non se matan, continúan vivos.
domingo, 17 de abril de 2011
ACIO DE CONTRADICCIÓNS
Disque as bombas do estrafalario ditador amigo de Occidente ao que se debe expulsar, de fabricación española, esbouran en acio. Mágoa de palabra - acio- dedicada ao estourido dunha bomba. Sempre que sinto acio vénme á boca o zume das uvas brancas, negras, bacelos, vides en bancales, ríos, sombras, os primeiros pés de nena que vin pisando nas uvas. Pero agora acio emprégase para o estalido engastallado no seguinte, así mata e destrúe mellor.
Curioso: as bombas que esbouran e matan en acio vendémosllas nós, España. E España apoia ás forzas que bombardean para que Gadafi abandone o país. Isto é un acio de contradiccións. O único que parece manterse na claridade que o caracteriza é o expresidente Aznar. El sabe perfectamente elixir aos seus amigos. E non se reprime, cóntao polo mundo adiante sen complexos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)