O MODERNO barco de potentes motores, últimos estabilizadores e avanzados radares tronza nun fungar monótono a mesta néboa que o cubre todo. Quere amencer en San Petersburgo de aí que eu pense que finxen boa elección coa lectura de O mestre de Petersburgo do Nobel J.M. Coetzee, na que conta a historia dun novelista ruso exiliado que regresa a San Petersburgo para entender a morte do seu fillastro; unha recreación de Dostoievski nunha obra de ficción coa característica análise fría e afiaba de Coetzee, esa que prende lume no pensamento de tan lúcida; esa que demostra que aínda na fonda escuridade salta un lóstrego de luz, porque algo nos ha de iluminar, aínda que só sexa para devolvernos á incertidume do misterio.
Nun momento da obra, cando o protagonista, instalado na pensión que fora do seu fillastro, rexentada por Anna Seguéievna e a súa filla, prometera atender á nena que se atopa enferma, cumpre co súa promesa pregúntanlle a Matriona que tal se atopa. A nena, absorta nos seus pensamentos, non lle contesta. El palpa coa súa man a fronte por se ten febre, en entón ela, despacio, sen miralo, pregúntalle: Fiódor Mijáilovich, morrer doe?
A pregunta tan directa que só unha nena pode facer desconcerta a Fiódor. Pensa que será porque sente medo de morrer e tranquilízaa prometéndolle que ela non vai morrer, axiña volverá á escola. Pero a nena non vai por aí. “Non o digo por min, di. Só quero saber se doe, xa sabes, cando unha persoa morre... Non cando estás morto de todo, senón un pouco antes”. O escritor trata de explicarse pola vía dos animais, aos que non lles custa ningún traballo morrer. E por iso deberiamos aprender deles que vivir e morrer non é tan difícil como nós pensamos.
Mais non o convence demasiado esta explicación e opta por outra: “O que máis nos asusta da morte non é a dolor. É o medo de deixar atrás aos que nos aman, e de viaxar sós”. Pero tampouco esta solución lle parece definitiva. Cando morremos levamos os seres queridos no noso corazón. O diálogo continúa entre a nena e o adulto demostrándose que ela sabe ben o motivo da pregunta, por que e por quen teme, a razón de querer saber con certeza a cantidade de dor que se pasa no momento antes, antes de que sabes que estás morto. Un diálogo entre a infancia e a madurez que non é frecuente, do que fuximos por evasión e convencemento de que do que non se fala non existe.
Erro grave, porque nada máis real nos asexa que a morte e por non afrontala, non falar dela nin prepararnos para morrer non habemos morrer máis tarde nin mellor. E si, convén saber que doer doe. Agás un milagre de te deitar e espertar morto sen te decatar, morrer, sobre todo cando a morte está anunciada, pasa por tantas dores que non todas son iguais nin idénticas. Pero tamén á dor hai que lle buscar atallos, talvez a tarefa máis difícil de todas. O barco entra en hora en San Petersburgo. Coetzee e Dostoievski seguen detrás da vida e da morte polas súas rúas. E dóelles, tanto a vida como a morte.
domingo, 26 de marzo de 2017
lunes, 20 de marzo de 2017
CANTANDO CO NEURÓLOGO
CANDO meu padriño, en paz descanse, comezou a ter problemas de Alzheimer, os fillos levárono ao neurólogo. Sometido ás probas pertinentes, non atoparon o máis mínimo indicio. Os tests estaban de modo ideados que nin feitos ex profeso para el. Sempre lle gustaron os números e as datas, sabía a quinta e data de nacemento de canto veciño da parroquia e de tódalas do arredor, xogaba cos números permanentemente facendo operacións de cabeza. Por iso as respostas ás sencillas preguntas formuladas para ver a súa resposta numérica foron coma raios directos e acertados. Pero se as numéricas lle acaían ao pelo, as de memoria non podían estar mellor (peor) deseñadas para enganar ao examinador. Preguntábanlle se lembraba algunha compla de neno, canción, refrán... Meu padriño retou ao examinador: as cancións quéreas de Pepe Blanco, populares galegas, navarricas, fandangos, como lle gustan máis; se quere tamén lle podo cantar a Misa de Angelis en latín; e refráns, depende, poden ser sobre labradores ou sobre a vida xeral. En fin, que o médico, sorprendido, preguntou cal eran entón os síntomas que presentaba de deterioro, e mandouno para a casa indicando que non había o máis mínimo motivo de preocupación.
Así se fixo, pero as avarías continuaban en aumento: polas noites quería saír da casa para ir para a súa casa, de día largaba de paseo sen saber cara onde e non quería regresar, por veces, el sempre educado e respectuoso, volvíase agresivo ou groseiro, choraba sen motivo, repetía constantemente preguntas idénticas a todos cantos vía e transformouse nun falante castelán a tempo completo cando na súa vida dera palabra en tal idioma. Por certo, falaba un español coidado e pulcro, coma se o que aprendera non fose de hoxe. Era curioso cando lle preguntabamos por que se cambiara de idioma, e a súa contestación era sempre idéntica: Castellano lo hablarás tú, hombre; yo soy del campo y siempre he hablado y hablo gallego, pero si a ti te gusta el castellano, háblalo, yo entiendo perfectamente, hice la mili en Victoria e trabajé unos años en La Coruña, entiendo perfectamente esa lengua. Anda, acércate a la lumbre y no digas que hablo lo que no hablo.
Por eses momentos viñéronlle os primeiros e mínimos males físicos para un corpo afeito ao traballo duro e continuo durante toda a vida. Ben superados os oitenta tiveron que levalo por primeira vez a urxencias. Alí axiña o meteron nunha cama de exploración e o encheron de agullas e cables. Rebelouse coma nunca ninguén o vira. Coincidiu que o veciño de cama era dunha parroquia cercana e non só ameazaba ao personal sanitario senón que incitaba á causa da revolta ao compañeiro. Xa canso de protestas e vendo que non lle retiraban agullas nin gomas, avisou por última vez a unha enfermeira que pasaba: Mira, mociña, ou me quitades estes trebellos inmediatamente ou eu céibome; e o meu veciño de Ledoira tamén, ceibámonos e deixámosvos aquí con todo estrado. A enfermeira tratou de tranquilizalo prometéndolle que axiña viría o doutor e que xa quedaría todo aclarado. Nin doutor nin doutora - replicou- , ou me retiras todas esta porcallada, isto non se lle fai nin a un porco, ou céibome; e o de Ledoira tamén, non si? .
Nestas apareceu o neurólogo, aquel que o sometera había meses aos tests. Recoñeceuno deseguida. Que fai vostede por aquí?, preguntoulle amable. E se non é moita a pregunta, ti a máis de que nos coñecemos? Eu céibome e xa está; e o de Ledoira tamén. E sen máis ameaza nin advertencia, forte como era, deu un gope e quedou limpo de toda agulla e cable, sentado na cama, disposto a marchar. Vamos, Ledoira - animou ao veciño-, agora non me deixes quedar mal. Estando o veciño para seguir as indicacións, pero de maneira menos rotunda e violenta, caeu en que si recoñecía ao médico e, erguéndose da cama, dereito coma unha vela, cambiu completamente de actitude: Xa sei quen é vostede, o médico que examina. Se quere continuamos, pero se non ten preguntas máis difíciles, esas para min non ofrecen moita dificultade. Vostede pensará doutra maneira porque me ve home labrador e sen estudos... Quere que lle cante, entón, unha de Pepe Blanco? Ergueito, as mans estendidas coma un artista, arrincou a cantar, sangrando polos pulsos, intentando as enfermeiras correxir a desfeita. O de Ledoira botouse atrás, permanecía enchufado e petrificado na cama. E o neurólogo pedíalle por favor que deixase o canto para outro momento, alí había moita xente enferma e non era o lugar adecuado. Meu padriño, impertérrito, rematou a canción, fora home de moito cantar en público durante a súa vida e non se aniñaba diante de nada. Cantamos agora unha xuntos, doutor? Que cancións lle gustan?.

sábado, 18 de marzo de 2017
A MISA TELEVISADA
DESCUBRO con enorme sorpresa que en España padecemos un enorme problema: a 2 da televisión pública retransmite os domingos unha misa católica. Manda nabo! Ese Podemos, a cada paso máis fóra de rego, sen ter unha soa idea que ofrecer, acordouse de tal desgraza e quere liberarnos e todos de tanto mal. Loado sexa El Señor! Doulle voltas ao asunto e non acabo de entender onde radica a esencia de tal denuncia.
Por razóns económicas? Porque un Estado aconfesional non pode atender as necesidades relixiosas dos seus cidadáns? Porque se ofende a outras relixións? Porque non hai un reparto xusto de tempos na programación segundo os seguidores de cada relixión? Porque unha televisión pública non pode nin ulir os asuntos relixiosos? Porque debe, entón, atender só aos sermóns púmbleos de catro anticlericais de curta mirada? Porque hai que perseguir por perseguir? Porque non teñen nada que dicir nin propoñer? Eu inclínome polo último.
Este partido que nacera ilusionando a millóns de persoas realizando un crítica no momento preciso bastante adecuada sobre determinadas deficiencias da nosa democracia, chegada a hora de dar trigo estase a converter nunha amalgama de resentimiento, descontento baleiro e iniciativa nula. Dende que participan nas institucións, todo canto predicaban quedouse en nada, en pura auga de bacallau. Non son eficaces, non teñen consistencia, non saben dialogar, presumen do que non fan, agreden sen motivo e, sobre todo, céntranse en anédotas, en problemas nimios para discutir por discutir, para crear divisións e enfrontamentos entre os cidadáns acudindo a emocións primeiras, aquelas máis fáciles de manipular.
Unha estratexia atrasada, fracasada xa en moitos países, e que non promete nada bo para esa formación, tampouco para os cidadáns que contaban con que podía existir unha nova proposta que tirase dun cambio sensato. Non nego que algo mobilizaron no seu inicio e que escaravellaron aos grandes partidos anicados na comodidade da indolencia e da corrupción. Pero a implantación, tan rápida como rápida será a súa caída, só traerá decepción e frustración que conducirá ao votante á reflexión de que máis vale malo coñecido que bo por coñecer. Unha televisión pública, respectando a tódalas manifestacións relixiosas e dando tempo segundo a súa representación social, debe atender as necesidades relixiosas, claro que si. Para iso é de todos. Que importa que a Igrexa poda permitirse ofrecer misa polos seus canais? Ela decidirá emitir por onde queira. Mais iso non impide que a televisión que pagamos todos non deba atender aos vellos e enfermos e quen queira que desfrute coa misa dominical dende a cama ou dende un hospital.
Miña nai, cando vai moito frío e non dá ido ata igrexa, goza vendo a misa televisada, e contesta e canta como se participase coa comunidade. Non ten dereito, logo, a que o Estado lle cubra esa necesidade? Non existe peor política que enredarse en problemas que non son, inventalos con tal de crear barullo. Isto o único que demostra é unha carencia de iniciativa impresentable. Secos están quedando estes da nova política.

lunes, 13 de marzo de 2017
EN CLAVE DE HUMOR
DURANTE ESTES días falouse e escribiuse profusamente sobre un programa da EiTB no que se ridiculizada con estereotipos aos españois. Os califictavios ían dende fachas a paletos, atrasados e catetos. Entre os opinantes do programa había persoas de tódalas idades e profesións, pero fíxose especial forza nas declarións dunha actriz que estrea película esta fin de semana cun papel secundario. Como consecuencia, xa se imaxinan: enfados, sorpresa, indiganción, chamadas incluso a boicotear a película na que traballa esa actriz. Reaccións para tódolos gustos en cascada, claro que pasada a efervescencia deste momento todo volverá á calma, esquecerémonos, e os vascas e as vascas ao seu. A min non me estrañaron tales declaracións, sei que vén de lonxe esa maneira de pensar en algúns cidadáns de tódolos currunchos da terra, coma se estivese inscrita na xenética dende tempos inmemoriais o afán por ridiculizaar e converter en inferior ao veciño. Para mostra, dúas situacións reais que non deixan de ser anécdotas, pero que encaixan no perfil de prexuízos cos que ás veces nos armamos os pobos.
A primeira refírese a unha coñecida galega que leva case toda a súa vida profesional traballando en Bilbao. Tanto ela como o marido gozan dunha profesión de prestixio que lles permite vivir, acorde coa súa situación económica, nun edificio exclusivo do centro da cidade. Cos veciños existe a relación mínica e cortés de saúdos e conversas trivias. Mais un día, baixando no ascensor cunha veciña moi posta, con probabilidade amiga de misa e curas con gravata de Deusto, talvez para non ir caladas durante os sete pisos ata o garaxe, a señora preguntou moi amable á galega se ía de viaxe, vía que portaba varias maletas. A galega respondeulle que si, que ía a Galicia. "A Galicia? —respondeu sorpendida a señora, engandindo— Así que han elegido Galicia para la finca de veraneo?". A galega respondeulle que non, que era galega, que toda a súa familia o era e que non ía de vacacións, senón de visita á casa dos seus pais. Fíxose un silencio inesperado no ascensor, a señora cambiou de ton, e deu por reamtada a conversa: "Anda. Y Yo que creía que era usted una señora...". Como poden ver, as respostar do programa antes referido en nada poden superar á sinceridade desta boa señora con seguridade votante naquel momento de Arzallus. Polo visto, sendo galega só se pode ser empregada de fogar nas Vascongadas.
A segunda vivina eu nun congreso internacional. Non sei se estabamos en Estambul ou O Cairo. Era un magnífico hotel a onde os laboratorios levan aos especialistas para lles presentar o último fármaco sen case efectos secundarios e incluso, naquela época, se permitían inivitar aos acompañantes. Estando na sala de pequeno almorzo, un matrimonio de mediana idade, pediu permiso para nos acompañar na mesa, non había outra libre. Por suposto. Como non estaban especialmente faladores, eu que a tiña a ela ao meu carón, pegunteilles de onde eran. De Bilbao, dixo orgullosa. Para que non morrese xa aí a conversa seguín o fío con que eu tiña uns tíos alí. Como boa socióloga, aínda que era médico, de inmediato me preguntou por que zona vivían. En canto llo dixen, coma decepcionada, sentenciou: "Ah, eso está muy en las afueras y lleno de gallegos. En un ambulatorio de ese barrio estuve al poco de acabar la carrera. Menos mal que salí pronto. Es un mundo diferente". A min entráronme unha ganas repentinas de ir lavar os dentes e deixeina coa tostada na boca.
Como ven, non cómpre unha televisión ideoloxizada para tirar dos prexuízos que levamos dentro. O malo é cando se cultivan, se lles dan alas e se confunde á xente nova de que así funcionan as sociedades: con racismo, con desprezo. Os responsables da telesvisión pediron disculpas e argumentaron o de sempre: que as respostas están sacadas de contexto e non se entende que era un programa en clave de humor. Se alguén escribise ou dixese que os vascos e as vascas son pechados, ríxidos de cabeza, racistas, xenófobos, insolidarios, covardes e interesados diante dos asasinos nacionalistas, seguro que lles custaría aceptar as disculpas e moito menos ver con claridade a clave de humor. Non é asunto, por suposto, para unha declaración de guerra simbólica nin para boicotear películas nin para elevar por riba do rexeite que merecen estas condutas, pero enredar con estereotipos racistas dende unha televisión pública con intereses nacionalistas non resulta inocente nin en clave de humor.

domingo, 5 de marzo de 2017
CHULERÍA INXUSTIFICABLE
HABITUADO A que nunca pase nada que lle prexudique, coma se todo estivese perfectamente ensamblado para favorecelo, Rajoy estase pasando de altivo. Convencido de que a situación económica mellorou máis do imaxinado, que os partidos contrincantes se esforzan por matarse mellor e, sobre todo, amarrado ao comodín de que se non se adaptan convoca eleccións, o que todo máis temen, continúa actuando coma se contase coa maioría absoluta. Nin Bárcenas nin Correa, nin Rato nin Blesa, nin Mato nin Granados nin Marjaliza lle crean a máis mínima inquietude. Todo vai desaparecendo no fume do tempo, entre alfombras de xulgados, ata que ninguén lembra o cheio máis pestilente. No hai corrupción que lle cambie ese aire marcial adestrado na Ruta da Auga, ni esas frases lapidarias coas que nos tranquiliza a todos, pois xa se sabe que todo na vida ten cousas boas e malas. Sabe Rajoy que o tempo tritura ata o último rancor e por iso non se inmuta. Tampouco lle preocupa que Cospedal acumule cargos, nin que os votos que mantén sexan máis por pasiva resginación diante do malo coñecido que polo atractivo que el ou partido poidan suscitar. Segue co piñón fixo, nunca afogándose, e sempre ameazando con sacar de debaixo do sombreiro unhas eleccións que por suposto el non quere pero non ten máis remedio que, polo escaso patriotismo dos contrincantes, convocar. Xa lle gustaría a el manter a estabilidade para confirmar a melloría económica, pero estes partidos que non son o del, todos sen excepción, só buscan a perdición de España e por iso el, responsable, serio, con sentido común, como lle gosta á maioría dos españois, se ve obrigado a convocar unhas eleccións que demostrarán quen está na verdade.
Esta estratexia vénlle funcionando dende hai anos, pero todo muda, incluso a súa sorte. Que no se fíe. A economía, que non depende prácticamente de nada do que el fixo, o mesmo que se lle puxo algo a favor, pode no momento menos esperado, virar e torcerse bruscamente. A débeda da que nunca fala nin el nin os seus compiches económicos pode causarlle un desgusto cando menos pense. E a situación internacional non está para andar con demasiada arrogancia. Pero é que, ademais, non dá entendido que estar en minoría non permite tal petulancia. O seu grao de desprezo por Ciudadanos está chegando a un punto no que causará resentimento, e iso sempre trae malas consecuencias. Xoga cunha arrogancia e chulería impensable en quen depende deles. Intentará trasladarnos a imaxe dun Rivera brando e merengue incapaz de enfrontarse a ninguén, pero tal propósito pode esbourarlle nos fociños. Ninguén, por medo que lle teña ás eleccións, está disposto a padecer humillacións tan evidentes. Tanto el coma os seus colaboradores mostran unha seguridade excesiva en que ese partido pequecho e indefinido, non ten media labazada. E se cadra acertan. Pero se cadra non. Non hai peor enimigo que un débil humillado. E como Ciudadanos se canse dos seus desplantes, xa o vexo convocando eleccións. Certo, argumentarán os seus defensores, que nada pasa por convocalas, máxime atendendo a que Pedro Sánchez non parece aínda morto de todo. Par eles que Sánchez volvese á secretaría do PSOE podería celebrarse coma un inmenso e inesperado regalo. Mais tamén aí poden equivocarse, se realmente Sánchez regresase - por máis que todos os escribidores que len as pisadas dos polos en clave PP insistan en que ese irresponsable e inepto perigo estatal nunca resucitará- , non sería o mesmo de antes das estocadas recibidas. Claro que sempre atoparía en Unidos Podemos un firme apoio para a súa estratexia, tan torpes como insistentes son estes politólogos de departamento que se converteron no mellor alimento de Mariano Rajoy.
Seguro que apenas lle preocupa ao presidente esta actitude na que probablemente nin se fixe nin, tampouco, lla fagan ver os seus asesores. Pero non lle arrendo as ganancias se persiste nela. Porque non se trata xa de que non sexa elegante nin agradecido nin respectuoso con quen lle permite gobernar, é que os está desprezando abertamente, á luz do día, cunha indiferencia e chulería extremas. Se os que con el firmaron un acordo de gobernanza espertan e deciden non pasar polo aro da súa soberbia e comezan a buscarlle as cóxegas, seguro que llas atopan. Aínda non vin presidente ao que non se lle dean atopado as debilidades, e Rajoy, por máis que nos venda a súa seriedade, con esta altiva maneira de gobernar en minoría, só demostra os malos cálculos de aqules que se ven elevados por adulación á crenza da inmortalidade. Se cadra inflúe neso estar tan cerca de María Dolores de Cospedal, muller acaparadora de cargos tamén convencida de que con ela non pode ninguén, ou de Rafael Hernando o máis chulo do Parlamento e do barrio. Claro que a chantaxe das eleccións non é un farol. Se as convocase, o que menos perdería sería el. Aínda así, non se xustifica tanta chulería e pode pagala cara.

sábado, 4 de marzo de 2017
SOMOS OS MELLORES
EN España non todo é corrupción e insolidaridade. Pareceríao se nos deixásemos levar polo frenesí dos titulares dos medios de comunicaicón, pero a pouco que reflexionemos dámonos conta de que hai motivos para a esperanza e para o orgullo. Un deles, admitido e proclamado en todo o mundo, é o sistema nacional de transplantes, lider mundial, a moita distancia de EEUU e Francia, países que nos seguen. Dende hai 23 anos, España supera a tódolos sistemas sanitarios do mundo en canto a doacións, transplantes e reducción de tempo de espera. A clave do éxito está na xenerosidade das persoas, nos médicos encargados de explicar o seu funcionamento e, sobre todo, en lograr que o Estado e non organizacións voluntaristas se ocupen desta delicada decisión médica.
Porque as persoas poden ser moi xenerosas, pero, tal e como di a alma desta organización, o Dr. Matesanz, se o poder público non garante que donación tan altruista resulte ben administrada, xustamente aplicada e sen a máis mínima dúbida de como é o proceso que segue o corazón ou pulmón que un dá para salvar a vida de alguén, o donante acaba por frustrarse e desistir. A clave estivo na confianza no sistema. Os españois comprobaron que a celeridade, os especialistas sanitarios e todo o complexo montaxe da doación estaban ao servizo de salvar vidas de maneira equitativa e sen privilixios. Nada anima tanto á xenerosidade como ver que a eficacia se traduce en salvar vidas. Isto demostra, en contra dos amantes das privatizacións contra vento e marea, que non é certo que todo o que cae nas mans do Estado funciona peor. Se non fose un organismo estatal, nunca durante tanto tempo estariamos á cabeza do mundo en transplantes. Porque hai asuntos que á economía privada non lles interesan, o se o fan, non é para ser xustos, senón para sacar moito rendemento, o que case sempre leva aparellado un desprezo polo máis débil.
Agora abandonou a organización o Dr. Matesanz. Segundo as súas declaracións, podemos manter o optimismo. O engrenaxe do sistema está perfectamente aceitado. Sen dúbida a súa entrega a esta causa foi determinante, mais el confía en que, non sendo ninguén imprescindible, as trabes mestras encofraron perfectamente. Sen embargo, prevennos dun perigo. Se o sistema funcionou ben foi porque imperou a solidariedade e non a competencia cazurra. Esto funcionou porque as 17 comunidades autónomas foron ao unísono. Quen o suceda deberá ter un tino exquisito para que ningunha comunidade pense que indo soa lle vai ir mellor.
O que contradí outro mito extendido de que todo o descentralizado funciona mellor. Non é certo. Todo o descentralizado funciona mellor para os que gozan de privilexios, nos casos en que deba imperar a solidariedade o idóneo é a colaboración e equilibrio entre todas as comunidades. A idea de tirar cada un polo seu só favorece a quen, por pura deslealdade, acocha no seu interior a pretensión de esgazar o Estado. Tanto en transplantes coma noutras moitas actividades, vai sendo hora de perder o complexo e aceptar que ido xuntos, vainos mellor.

lunes, 27 de febrero de 2017
OS ANOS OU DÍAS DO LIXO
Miguel
Delibes, referíndose aos últimos anos da súa vida, fartouse de dicilo: eran
anos que sobraban, de lixo, inútiles. Instalado nunha depresión severa despois
da morte da súa muller, sen ánimo nin forzas para escribir, dicía, nin unha
cuartilla cun mínimo de coherencia e sentido, esgotado físicamente, despois
deste punto sen retorno, aceptaba, non compensaba vivir. Segundo as súas
manifestacións, en determinadas ocasións, alomenos no seu caso, non era preciso
vivir tanto. Chega un momento no que a
vida está esgotada, non dá máis de si, xa cumpriu co seu obxectico e prolongala
máis é un martirio innecesario. Lázaro Carreter coincidía con esta visión. Nunha
das últimas entrevias que concedeu engadiu un aspecto ao dito por Delibes:
ademais de ser anos de lixo, se un é conscienente, peor. Opinaba o profesor
que, cando o deterioro físico é tan grave, como era no seu caso, e de nada do
que un desfrutaba podía seguir gozando, a consciencia, ter a cabeza no seu
sitio, lonxe de ser unha vantaxe, significa un serio inconveniente. Amargado e
canso polo declive físico, Carreter preferiría non verse así, non experimentar
en propia carne as miserias do declive do corpo, non ser consciente de que a
vida podrece coma unha froita pasada de tempo. Verse así amargábao, iso non era
vivir.
No sentir popular, esta idea tamén está
moi estendida. Co tempo que agora se vive, en situación limite por accidente ou
discapacidade manifesta, non é raro escoitar nos actos de pésame oun enterro a
frase que o resume todo: “Para estar así, mellor que Deus o levase”. E tal
maneira se lle traslada aos seres queridos, non tanto por consolo, senón por
puro convencemento. Xa non digamos nos casos extremos, aqueles nos que por
enfermidades de aniquilación plena do eu, deixan ao ser nun estado inconsciente, vexetativo, que
mesmo fan dubidar filosóficamente de se
iso é vida ou non. Expertos en Alzheimer alertan que incluso estes enfermos
máis deteriorados responden por momentos a estímulos de afecto, de contacto
corporal, pero quen teñen que atendelos
desconfían de tales afirmacións. Desesperan diante da desorientación
espacio temporal, das agresións ou prantos, da perda de control de moitas funcións
parasimpáticas que fan do enfermo un ser desvalido, incomprensible, acabado. A
compaixón, piedade e responsabilidade ética que nos distingue doutros seres
vivos anímanos a coidar e tratar co maior respecto a estes enfermos, sexan
familia ou por simple obriga profesional, pero cando a morte chama por eles
parece que Deus entrou en razón e remata co calvario ao que todos estaban
condenados, proporcionando un alivio coma se a morte, caso raro, fose unha
bendición. Case coma un paradoxo: aquelo que máis tememos, o que nos impulsa a
fabricar maior número de estratexias para distraela e aprazala, en determinados
momentos convertese en algo polo que clamamos, supiramos, non experimentamos
rubor en dicir: “ Se Deus o levase...”. Iso mantendo a conduta socialmente
aceptada, porque se escaravellásemos no interior fondo e oculto o que lle
escotariamos probablemente a moitos sería: “A ver se dunha puta vez morrese”.
Prepararse para morrer non é asunto doado. Por iso optamos pola evasón. O medo alimenta a
incredulidade de maneira que estamos diante dela, da morte, e aínda non a
vemos, tocámoslles case cos dedos e aínda non o cremos. Coma se na medida en
que se aproxima, os autoenganos cos que comungamos, por débiles que sexan na
súa argumentación, resúltasen relativamente tranquilizadores e fortalecedores
da incredulidade. Ningún momento resulta adecuado para morrer. Sempre é cedo.
Por iso son máis cribles e merecen atención esas persoas lúcidas e intelixentes
que aceptan e declaran abertamente que sobran anos e chega un punto no que a
morte debería estar máis atenta e presentarse sen tanta lentitude. Eses anos
que moitos, de maneira consciente e voluntaria,
consideran inútiles, de lixo, enfróntannos a unha seria e irrenunciable
decisón moral. Poderían optar por acurtar eses anos, días, do lixo? Deben as
leis, respectando valores incontestables, definir as condicións nas que estas
persoas poden libre e dignamente acabar cos anos do lixo? Non nego a
transcendencia e finura coa que isto debería lexislarse, moito máis se nos toca decidir por outros
completamente incapacitados, perdida toda posibilidade de decisón propia. Pero
a estas alturas, coas habilidades mecánicas que a tecnoloxía médica conta para
prolongar o fío mínimo e último de signo vital, ás veces máis parece crueldade
que defensa da vida, martirio que afán por curar, manter con vida a aqueles que
padecen auténticos anos ou días de lixo, que sobran, que non aportan nin dan
nada ao que foi vivir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)