sábado, 30 de marzo de 2013
AS MATEMÁTICAS DE DEUS
VIOLENCIA PROFUNDAMENTE ANTIDEMOCRÁTICA
Nunca estiven tan de acordo
con Rajoy, ese gobernante experto en prometer que nos gobernaría como Deus
manda e agora é o dono do silencio: nada é tan profundamente antidemocrático
como a violencia. E nada pode augurar peor futuro. Certo. Por máis que
reflexiono, nada me parece tan violento, perigoso e antidemocrático como deixar
sen os seus aforros a xubilados que gardaron durante a súa vida a base de
privacións para non pasar miseria na súa vellez; nada me inquieta tanto como
ver a millóns de mozos refuxiados na casa dos pais ou os avós, sen traballo,
sen esperanza, á espera de que escampe tal e como os gobernantes nos prometen
un día si e outro tamén a cambio de que colaboremos mansamente; non atopo
violencia moito peor, agás pegarlle un tiro, que irlle suprimindo os
medicamentos e os coidados aos vellos que non se poden valer; calquera que non
se cegue adredepode observar que pouca violencia resulta tan exasperante como
ver a cantidade inacabable de lambóns, mentiráns, aproveitados, defraudadores,
ladróns, malversadores e desapiadados gobernantes que se aproveitan dos cartos
públicos para os seus escandalosos estilos de vida.
Coincido plenamente con Rajoy e os seus palmeiros, eses que se escandalizan día e noite preocupados pola que se pode armar se algúns exaltados insultan a un deputado e o seu fillo se enteira de que moitos desafiuzados están sen casa e de tanta desesperación non saben a onde acudir, en que a violencia é moi mala conselleira, sábese onde comeza e nunca onde acaba. Claro que si. Deben andar con ollo e con tino os causantes desta violencia institucionalizada, os que se encargaron de mandar ao paro ao 26% da poboación, os que enredaron cos cartos dos traballadores honrados nun casino emocionante e divertido no que amoreaban pilas de cartos, os ganadores permanentes, os que nunca perden, os que lles obrigan a pagar cos culpas aos débiles e indefensos. É moi perigosa a violencia. Esa que argalla trampas e letras miúdas para enganar aos ignorantes, a que consegue revirar as leis de tal maneira que nunca prexudican ao poderoso, a que permite e favorece a desigualdade insultante cara a que imos sen importarlles o máis mínimo mentres atopen saída para as súas riquezas e caprichos. Completamente e profundamente antidemocrática, Sr. Rajoy. Nada podería selo máis. Xa sei que a vostede o que lle preocupa é o grupo de desafiuzados reunidos para se protexer, eses que se tiran á rúa e berran por non agredir, petan no chan por non morder. Esa é a violencia que excita aos gobernantes, a que lles pon os pelos de punta, a que axiña convén desactivar mediante as estratexias máis ruíns: que se a turba é incontrolable, que se a policía debe intervir de inmediato, a democracia dálles tal poder, que se están provocando para que alguén perda os nervios e se arme unha gorda... Non serei eu quen defenda o desorde e a anarquía. Pero non nos veñan con enganos infantís. Os verdadeiros violentos, os insufriblemente abusóns, os descarados aproveitados e responsables desta situación non son hipotecados que despois de quedar sen traballo deixan de pagar dúas mensualidades ao banco; os violentos perigosos non son anciáns de 80 anos desesperados por perder os aforros dunha vida; os antidemocráticos e aos que a policía debe vixiar de cerca non é aos funcionarios que se rebelan contra a diminucións das súas condicións de traballo na sanidade ou non ensino
A ver se deixamos de enganar e tomarlle o pelo á xente. Os violentos de verdade, aos que debemos temer, os que poden causar unha auténtica desfeita social, son os que usan a intelixencia para articular letras pequenas coas que enganar a sacrificados e honrados cidadáns; os que retorcen os sistema xudicial para que os falsificadores e ladróns saian por norma sen pena; os que utilizan o poder baixo a trampa de que van para servir e sérvense del de maneira groseira; os que foxen cos cartos a paraísos fiscais eludindo contribuír co ben común; os que manexan e forzan as leis para que sempre lles favorezan; os que menten descaradamente e enganan e terxiversan a realidade para que a maioría crea vivir en liberdade cando en realidade queren manexala coma a rabaños de cordeiros; os que utilizan a educacións para instaurar a reprodución dunha elite que continúe con este estado de cousas, sen posibilidade de mobilidade social, de transformación. Esta é a violencia profundamente democrática que está levando a Europa a un camiño sen saída. E se nalgún momento un deputado pasa por un mal trago, se o seu fillo se enteira abruptamente que son moitas as familias que quedan sen teito e que millóns de persoas non poden traballar e viven na desesperación, sen desexarllo, que non dramaticen, non é esta violencia comparable nin de lonxe á que se está exercendo contra eles, os desesperados.

PUBLICADO EN DIARIO DE PONTEVEDRA
domingo, 24 de marzo de 2013
ALEGRÍA E ESPERANZA
A EUFORIA que vive o mundo, non só o cristiá, coa elección do papa Francisco, obedece á necesidade que temos de levar á boca un anaco de ledicia e esperanza. Sen levar ao extremo a analoxía, poderíamos dicir que acontece algo similar ao que ocorrera na primeira elección de Obama. O mundo necesitaba tanto unha miga de ilusión, que depositou nel expectativas imposibles, como axiña se comprobou, por carisma e capacidades que mostre. Con Francisco pode ocorrer outro tanto. A desesperanza é tanta, que os propios medios, ávidos de boas novas, agárranse a calquera xesto como anuncio dunha transformación santa, que os fieis e espectadores do planeta asimilan con leve inxenuidade. Así, polas páxinas e pantallas do mundo corre a boa nova de que contamos cun papa humilde, intelixente, bondadoso, favorable aos pobres, que denuncia a inxustiza diante dos poderosos e que promete transformacións na vida da Igrexa con repercusión na mellora do mundo. Oxalá.
Non quixera guindar un xerro de auga fría sobre tanta alegría, pero vexo precipitación e certa papalatría na conversión en santidade de aspectos que, de non ser pola fame de esperanza, non deixarían de ser meros xestos populistas. Por suposto é preferible un papa que non abusa da pompa anacrónica e gusta da distancia curta e humilde, pero non abonda. Os titulares recollendo que Francisco opta por unha Igrexa pobre e para o pobres carecen de valor mentres non se aclaren as contas do banco do Vaticano e se trasladen ás distintas conferencias episcopais ordes de transparencia e honradez diametralmente opostas ás que practican as mafias. Os bicos ó eivado quédanse curtos mentres non se ataque o problema da rixidez diante dos métodos anticonceptivos naqueles países nos que a sida se propaga coma lume en follaxe seca, non se flexibilice a mirada diante dos avances científicos e non se actúe con firmeza contra os abusos sexuais. As boas palabras reclamando que o poder é servizo non serán máis que palabras mentres os que abusan del continúen intimando coa xerarquía. O propósito de diálogo con outras relixións non pasará de voluntarismo se a liña de apostolado non se desprende do complexo de superioridade de única e verdadeira fe. E as referencias a María quedarán baleiras se as mulleres non adquiren a forza que os tempos esixen. En fin, esperanza e alegría si, pero cos pés na terra.
PUBLICADO EN EL CORREO GALLEGO
AGORA A CULPA É DOS QUE AFORRARON
O discurso explicativo xa non sabe que rumbo coller. Se estiveron atentos á catarata de argumentos disparados desde o poder para nos convencer e culpar aos que moi pouca responsabilidade temos na desfeita que padecemos, a gran culpa de tódolos pecados polos que debemos penar xiraba arredor de gastar máis de que podiamos. Todos viviamos por riba das nosas posibilidades, ledos, eufóricos, consumidores e gastadores sen freo, inmersos nunha orxía da que non saímos ata entender que ninguén rexe tanto tempo de esmorga e carallada. París non era unha festa, Europa, o mundo era unha festa de tolos, de dilapidadores inconscientes, de gastadores frenéticos. E así pasou o que pasou, e por iso, reprendidos por unha conciencia luterana ríxida e inflexible, habíamos de cargar coa culpa do déficit, sufrindo coma mártires, ata devolver o mal gastado. Quen non ten cabeza ha pagar caro a súa falta de sentido. Os cidadáns das democracias do sur de Europa actuaron coma unhas cabras tolas, sen siso nin previsión, irresponsables, e agora, controlados por mentes frías e cos pés na terra, deberán penar coma nazarenos ata conseguir a redención por tanto mal feito. Este era o discurso explicativo ata non hai moito. Polo que vemos nos últimos días, parece que non só os que malgastaron causaron o derrube. Como aquí non se salva ninguén da queima, agás os que realmente son culpables, agora parece ser que tamén hai que castigar ao aforrador. Tamén eles foron malos e deben pagar. Por que? Pois por aforrar e gardar os seus aforros nos bancos. As persoas que se sacrificaron e se privaron, foron gardando uns euros para unha enfermidade, para a vellez, para lles deixar aos fillos, para manter un mínimo seguro polo que poida ocorrer; os cidadáns honrados que grazas a restricións, quitarse de certos luxos e mostrar verdadeira capacidade de axuste nas súa vida privada conseguiron reunir uns miles de euros para unha necesidade, son tamén culpables e deben contribuír á salvación dos que nunca pagan por nada. Por se non chegaba con culparnos a todos de vivir por riba das nosas posibilidades – hai que ver con que facilidade algúns deciden as posibilidades dos demais- agora cúlpannos por ser aforradores. Os aforradores están que bufan e non me estraña. Entendo que vivir en democracia non é asaltar concellos, romper reunións de representantes elixidos en votación, asaltar edificios públicos ou insultar aos gobernantes. Pero comprendo perfectamente o nivel de desesperación ao que pode chegar calquera persoa afectada por esta persistente agresión dos banqueiros ao resto da sociedade. Que non espallen culpas, por favor, que non nos veñan con historias baratas. Nos centros de decisión da súas elites de cabezas pensantes e bonos soantes estiveron as ideas de abrir a billa do crédito sen ton nin son, a canadas, para calquera, porque naquel momento lles conviña e conseguiron pingües beneficios. E alí tamén se decidiu empaquetar produtos traidores que non eran de aforro senón de trampa pezoñenta pola que se incautaban dos aforros de calquera, non cómpre ser un incauto para caer no engado tan ben urdido a través das redes bancarias. Entrampados por gastar ou por aforrar, agora non se salva ninguén de penar e sufrir. Así os hipotecados deben esfarelar os dentes ante o desafiuzamento e quedar a intemperie, e os aforradores morder a lingua e beliscarse para non deixarse levar polo desexo de coller unha marra e romper as cristaleiras de oficinas bancarias ao se lles quedar cos aforros dunha vida. Vivir en democracia non consiste en dar renda aos impulsos primitivos e tomar a xustiza pola man. Nunha sociedade gobernada polo dereito non cabe deixarse levar pola ira e a carraxe. Pero unha democracia que queira ser tal non pode permitir que uns bandoleiros de gravata vermella ou a flores, uns paxaros que din tratar de salvarnos e mirar polo interese xeral, se rían descaradamente facendo pagar por todo aos que precisamente menos responsabilidade tiveron. Privarse de calefacción, de viaxes, de larpeiradas, de comodidades para lograr aforrar 60000 euros para a vellez e non adoptar condutas desesperadas vendo que chos limpan de diante do nariz uns banqueiros aos que disque debemos salvar, esixe unha contención e tempero moi achegados á santidade. Se fose ao revés, habería que ver se apelaban tanto ao sentido da prudencia, da calma e da paz social
PUBLICADO EN DIARIO DE PONTEVEDRA
PUBLICADO EN DIARIO DE PONTEVEDRA
lunes, 18 de marzo de 2013
sábado, 16 de marzo de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)