O DÍA 9 publicarase en España a nova novela de Umberto Eco. Engastallada a súa sabedoría nos oitenta anos, o intelectual italiano reflexiona coa lucidez que o caracteriza. Como anda de promoción, concede entrevistas. Na última que lle lin, ENTRE
outras cousas, volvía ao vello asunto por el tantas veces tratado sobre as verdades que moitos libros conteñen aínda por riba do que o autor quixera expresar. Con límites, claro. Por máis que se lea unha poesía ou unha boa novela, e por máis que o libro diga ou nos interpele sobre aspectos que non entraban no plan de quen o escribiu, nunca poderá dicir algo para o que non está capacitado. Se o que queremos é saber como é a cidade de Chicago, por máis que leamos e interpretemos e reflexionemos enriba de “O nome da rosa” nada imos sacar. Si, sen embargo, se cadra, se nos aplicamos ou indagamos sobre os mosteiros en Galicia. Con todo, o certo é que os libros (as obras de arte) superan en ocasións as pretensións ou plans de quen os escribiron, os lectores entran nun diálogo con eles e as interpelacións dan para hermenéutica e comprensión superiores as inicialmente pensadas.
E non só interpelan e abren luz. Tamén reprochan. Isto escoiteillo a Emilio Lledó. O filósofo sevillano, tamén ben superados os oitenta, segue reflexionando con paixón e claridade. Referíndose á importancia que para el tiñan os seus libros, admitiu que ás veces ata sentía que Aristóteles, Kant ou Antonio Machado se queixaban do tempo que non se paraba a repasalos. É tanta a sintonía, a interdependencia entre lector e autor, que en ocasións recibe o reproche pola tardanza en volver a determinadas lecturas. Igual que os libros interpelan, sacoden, chaman ou reprochan, tamén a música. A min hai pezas musicais que me petan á porta para que non pase tanto tempo sen escoitalas. COMA
se a preguiza ou desatención cara a elas supuxese un acto de infidelidade. Pasoume nalgún tempo coa “Paixón segundo S. Mateo” de J.S.Bach. Agora non, dende hai arredor de dez, cada primavera sinto a necesidade de escoitala coa calma e pausa que se merece. E será raro que me esqueza. Coincidiu este ano a audición co suceso do avión do Alpes e a conduta do copiloto alemán. Non insistirei sobre esa catástrofe. Moito se dixo e tal vez xa esteamos saturados de informes médicos, necesidade de medidas de precaución maiores e todas as manifestacións de asombro e desconcerto que se nos ocorran. Só aproveito para extraer unha conclusión que me parece ben acaida e da que non me dou desapegado canto máis escoito o “Erbarme Dich, mein Gott”: estamos perdendo a compaixón, falta misericordia.
E non só interpelan e abren luz. Tamén reprochan. Isto escoiteillo a Emilio Lledó. O filósofo sevillano, tamén ben superados os oitenta, segue reflexionando con paixón e claridade. Referíndose á importancia que para el tiñan os seus libros, admitiu que ás veces ata sentía que Aristóteles, Kant ou Antonio Machado se queixaban do tempo que non se paraba a repasalos. É tanta a sintonía, a interdependencia entre lector e autor, que en ocasións recibe o reproche pola tardanza en volver a determinadas lecturas. Igual que os libros interpelan, sacoden, chaman ou reprochan, tamén a música. A min hai pezas musicais que me petan á porta para que non pase tanto tempo sen escoitalas. COMA
Os homes podemos (debemos) escaravellar nas sinapsis e nas compoñentes químicas que entrelazan neurotransmisores
Rodeados de explicacións psiquiátricas e neurolóxicas, de tecnoloxía case infalible, de protocolos previsores rigorosos, esquecemos algo esencial: somos seres necesitados de compaixón. E debemos aprender a compadecer. A psicoloxía hoxe prefire elixir o término empatía, algo que non me acaba de convencer. Este término nas mans das ciencias sociais enferrúxase sen querer coa utilidade da maquinaria laboral, da comenencia, do utilitarismo. Ser empático é bo para motivar a un equipo, para producir mellor, para vender máis, para sentirse mellor un consigo mesmo. Si, seino, é tamén poñerse no lugar do outro, pero esas neuronas espello que tanto teñen que ver con esa tendencia propia dos humanos, non explican con plenitude de igual maneira que compaixón, misericordia. O cristianismo, tal vez porque na súa veta fonda o verdadeiramente misericordioso só é Deus, entende moito mellor este concepto e deixóunolo expresado sobre todo na música . Tanto a carencia COMO
Os homes podemos (debemos) escaravellar nas sinapsis e nas compoñentes químicas que entrelazan neurotransmisores. Investigar con paixón e rigor nas estruturas biolóxicas que nos modelan para actuar dunha maneira ou doutra. O que levamos avanzado no coñecemento das causas da acción é un milagre. CONTINUAR
PUBLICADO EN DIARIO DE PONTEVEDRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.