Que universidade é a que non permite aos profesores dicir "negro", "homosexual", ou facer referencia a unha minoría étinica ou relixiosa sen correr serio risco dunha vixilancia ou persecución inmisericorde, xa non digamos se os ollos tropezan nalgunha parte descuberta dunha muller que poida ser susceptible de acoso sexual? Esta obsesión enfermiza no control da linguaxe e a conduta do profesorado dá pé a despropósitos e desesperos absurdos como ben reflectiron Coetzee e P. Roth nas súas novelas.
O suicidio do profesor Calvo en Princeton - aínda sen coñecer con exactitude os motivos da súa decisión-, lémbranos con que facilidade e perigo se pode extender a mancha humana e a desgraza sobre alguén que só subiu o ton da súa voz, constatou que alguén se comporta coma un vago ou simplemente reparaou na beleza que non se pode agochar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.