Disimulen. Non é de moi bo gusto, xa o sei, pero fai agora un ano que saíu publicada a miña última novela Nunca te vin chorar. Hoxe, vendo este vídeo, regresei a aquel momento, antes aínda, durante a súa escritura , e revivín os momentos con Gloria Inés enchoupada con esta música mentres coidaba e recuperaba a súa vida apegada á de Wilson Valderrama. Hai músicas que ao escoitalas me conducirán inevitablemente a determinadas historias. O Liebestod de Wagner, Jessye Norman e Karajan sempre me farán desembocar en Nunca te vin chorar.
A min tamén; eu adoro a súa novela Don Miguel.
ResponderEliminar