(Cando releo este artigo, moito lamento que xa estea de volta con nós o Sr. Vázquez sen cumprir na súa plenitude aquel meu sincero desexo)
Só a Francisco Vázquez, ex alcalde da Coruña, tan provinciano socialista como católico universal, agora enviado por Zapatero como embaixador diante da Santa Sede, se lle podería ocorrer idea tan luminosa: invitar as principais autoridades dos dicasterios da curia a comer un auténtico cocido de Lalín. Non se lle deu, non, por convidar a tan preclaras figuras principais a probar uns mexillóns de Lorbé, unha empanada de zamburiñas ou uns percebes de Cedeira. A ocasión esixía calorías abundantes, contundencia na fartura: chourizo, grelos, cachola, touciño, garavanzos, fociño, orella. Algo de verdura, moita carne, non en van foron de sempre os pecados contra ela, contra carne, os que máis quebrantos lle levantaron ás cabezas de tan eminentes gobernantes. E xa se sabe: nada vacina coma o veleno ó que se desexa combater. Dado que ó embaixador non se lle escapa detalle, a comida non sería en venres.

Se por algo a un lle queda pena ó non ter prosperado na carreira eclesiástica é por perderse ocasións coma esta. O que non daría por acompañar, entre o alcalde de Lalín e o embaixador coruñés, a cardeais, bispos e monseñores en tan opípara pitanza. ¿Desexa que lle sirva máis orella, eminencia?, preguntarían os servidores ó encargado da Congregación para a Doutrina da Fe. ¿Outro chourizo, monseñor? ¿Á súa excelencia non lle gustou o lacón? ¿Unha miguiña de touciño, sr. Presidente do Consello pontificio para as comunicacións sociais? ¿Quere o sr. Presidente do Tribunal da Rota que lle sirva outros poucos grelos? Así mentres o viño non correse e a afabilidade do embaixador non se impuxese invitando a todos a gozar santamente de manxares tan autóctonos e contrastados, como ben seguro corroboraría o sr. Alcalde. Neste punto, as conversas ataríanse ás necesidades terreais e comprobaríase unha vez máis que os dirixentes, tanto eclesiásticos como laicos, son humanos de verdade e, polo tanto, sen posibilidade de fuxir ás tentacións do diaño, que haber haino. Rematada a sobremesa, reflexivo na soidade da incipiente depresión despois da euforia gastronómica, é probable que ó sr. Embaixador lle entrase un pico de insatisfacción. Faltou o Papa. Haberá que mellorar na diplomacia. O obxectivo queda marcado: para o próximo convite haberá de participar Súa Santidade. E así, moneando nun sofá reliquia, canso polo esforzo de congregar tan ilustres comensais arredor do porco, soñará o sr. Embaixador co próximo cocido, que xa sería celestial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.