lunes, 3 de marzo de 2014

NON ME ACORDO

Estou de acordo con que moitos declarantes diante dun xuíz non se acorden de determinadas situación, feitos, lugares, números. Que me perdoe a xustiza pero aí ten un grave problema. A memoria é moi tramposa. Non me quixera ver dependendo o meu pelello da declaración de algún que se prestase a asegurar que o 21 de setembro de 2006 me viu por Benito Corbal roubando nunha tenda de Amancio Ortega. A memoria desa persoa pode estar completamente escorada, non por malicia, e manter un convencemento cego de que era eu, cando, a esas horas estaba en Oviedo paseando pola rúa Uria. E senn ninguén que puidese recoñecerme. A memoria, responde ao presente con gran frecuencia, somos capaces de adobala inconscientemente dunha chea de prexuízos, temores ou fracasos persoais e chegar a dicir con plena seguridade auténticas mentiras. Claro que hai asuntos e asuntos... -Ten vostede en Suíza un millón cincocentos mil euros- pregúntame o xuíz. - Pois non me acordo, señoría. Paréceme que non, pero no ano 2009 estiven en Tijuana e se cadra puiden facer algún negocio importante. Legal, por suposto, pero a verdade, se teño ou non esa cantidade que vostede di no país Helvético, non me acordo. Razoable, non lles parece? O acusado é sincero, dubida da súa memoria, acórdase de que estivo en Tijuana pero non sabe que fixo, nada ilegal por suposto, iso si o acorda, pero o dos cartos é malo de recordar. A min pasaríame algo similar. Agora que o penso, non sei o que teño en Suíza. Pasei na xuventude un verán traballando no bar da Gare de Morges, e se cadra algo deixei por alí, calquera sabe. A vida é complexa e non sabe un onde llas ten gardadas. - Lembra recibir dentro dun sobre amarelo, en billetes de cincuenta euros, a cantidade de trescentos mil euros de parte do empresario X para que lle concedese a instalación do alumeado da vila? - pregunta de novo de maneira moi concreta a xuíz. -Non me acordo. - Non se acorda se recibiu trescentos mil euros no ao 2009 nun sobre con billetes de cincuenta euros? -Pois non, señoría. Non me acordo de nada sobre asuntos desa natureza. Outra resposta coherente. Distinto sería se lle preguntase: é certo que a noite do 12 de maio de 2003 estaba bébedo coma unha cuba nun puticlub na estrada de entrada a Valladolid, invitando ás profesionais e clientes con billetes de douscentos euros? Seguro que iso si o lembra, calquera cidadán pode facer coas súa vida privada un pandeiro. E os billetes de douscentos euros acababa de recibilos dun traballo realizado segundo tódalas ordenanzas municipais nun concello limítrofe. Claro que se o xuíz segue a tirar do fío e lle insiste: e cobrou a obra do concello en billetes de douscentos euros? Entón aí xa regresaría ao esquecemento lexítimo para dicir rotundamente: Iso non o recordo, señoría. Conste que eu tremería de me ver en tal situación. Por voltas que lle dou, se por unha triste desgraza tivese que contestar ás preguntas diante dun xuíz, creo que a miña liña de defensa acolleríase tamén a do non sei, non sexa que diga si ou non e me meta en camisas de once varas. A outra noite simulei que me vía en tal apuro e vexan o resultado. -É vostede Miguel Suárez Abel- pregunta unha xuíza que nin me mira. -Si- digo timidamente despois de dubidar se non sería mellor contestar non sei. -Ten o seu domicilio...- continúa sen me mirar a xuíza. -Si- outra vez me mollo, pero co temor de se non estarei xa metendo o zoco - E certo que o sete de outubro estivo vostede ceando cos señores X e Z no Alameda 10 da cidade de Pontevedra. - Non me acordo, señoría- Sei perfectamente que non porque ese día operáronme e estaba ingresado en Montecelo, pero quen che di que non se complica todo e resulta que non era eu o operado. - Non recoñece entón que ceou cos citados señores e estiveron tramando como subornar ao concello para programar vostedes as festas da Peregrina? -Non me acordo. - Tampouco se acorda de que foi vostede precisamente o que dixo: de comprar a este concelleiro encárgome eu. -Non me acordo. Farta, a xuíz , mírame por primeira ve e dime: acórdase vostede de algo? - Si, señoría. De que vivo honradamente do meu soldo, que pago os impostos relixiosamente e de que non teño nada de que non me acordar. Pero como o mellor para non entramparse coa xustiza parece ser non acordarse de nada, eu tampouco 


PUBLICADO EN DIARIO DE PONTEVEDRA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.