lunes, 2 de mayo de 2016

OS PORCOS ENTRAN EN RAZÓN

NON É por ser negativo, pero a realidade é túrzara: no campo galego non queda ninguén, só os vellos que viven como poden coas míseras pensións conformando ese espazo que eu chamo territorio sintrom, no que se resiste mentres a vida dure indo ao médico, á compra e á farmacia de vez en cando. Sei, como non vou saber, que hai declaracións de políticos e Plans de Desarrollo Rural e intentos no DOG por recuperar, conservar e fomentar a vida rural con xente nova, producións novas, experiencias novas. Pero os mozos non volven ao campo a non ser para dar algún paseo se son deportistas ou para pasar unha fin de semana de esmorga nunha casa rural, as ideas novas chegan cando xa están esgotadas noutros lados, e as iniciativas non contan con sufienciente garantía coma para que ninguén se empeñe en traballar coma un burro para perder cartos. Andan arriscados e valerosos recuperadoes tratando de inventar ovos milagreiros, limpos de colesterol, que unha vez comercializados non dan ni o soldo mísero que se están pagando nos servizos; outros inténtano co mel puro, sen contaminantes, oloroso e fabricado en flores e árbores virxes, pero vendido o bote de mel, non dá nin para os traxes de protección das abellas que están morrendo; proban outros coas galiñas e polos de Mos, pero hai polos e ovos a esgalla nos centros comerciais cos que non se pode competir; en fin, trátase agora, a última hora, cado sobran porcos en toda Europa, de recuperar a raza celta, un porco disque sabedor case coma o Ibérico.
Sei, como non vou saber, que hai declaracións de políticos e Plans de Desarrollo Rural e intentos no DOG por recuperar, conservar e fomentar a vida rural con xente nova, producións novas, experiencias novas
Coñezo a un par destes valerosos - non se inxenuos- recuperadores do campo galego que se meteron a probar criando porco celta. Para comezar, a burocracia foi implacable. A raza debe de estar perfectamente garantida, non teñan medo. Disque antes de poder realizar o transporte dos animais fixeron falta máis papeis que a algúns deben necesitar para traer mozas do este co pretexto de que as queren meter en conventos de clausara en Compostela. Pero arranxado o papeleo burocrático, perfectamente identificados machos e femias, cos seus pais ben coñecidos, e tamén os avós, os porcos chegaron á terra de leite e mel. Acólleos un souto de foto onde a herba está estrada de castañas . Alí, soltos, os animais gozan e fozan buscando os restos do último outono e corren ceibos en silencio, paz e terra limpa de contaminantes. Un paraíso celta.

O malo é que os machos andan ao que andan - como os homes, que xa saben que só pensamos niso- e lánzanse detrás das femias con furor sexual inaprazable. Nin pastores potentenes, nin cercas ben fundadas son capaces de detelos nos seus anhelos reproductores. O tempo aínda non é dado para o axuntamento e os porcos erotizados volven tolos aos intrépidos emprendedores, con que aí os teñen pelexando día e noite detrás dos porcos saídos para que non empreñen ás femias antes do que se debe, son aínda moi noviñas.

Se a isto lle unimos que as castañas e os produtos propios non dan para que os animaliños medren o que deben, polo tanto, botar man do pienso que se paga a prezo de ouro, xa andan os arriscados emprendedores e recuperadores do campo galego facendo contas de como lles saíra o quilo de porco celta unha vez cheguen ao peso polo que se pode vender. Pero como son xente voluntariosa, inquebrantable, resistentes á frustración, aí seguen pelexando con chuvia e frío, para que os porcos saian adiante. Van coidados con tanto mimo e tantas atencións que deberían pagarse a prezo de caviar. Veremos en que dá o conto.

De momento, menos mal, por unha chamada teléfonica de non hai moito aos ilusos recuperadores do campo, xa sei que as cousas melloraron un chisco. Os porcos comen ben, non morreu ningún, o sitio gústalles a rabear e afanse que dá gusto. Ata os díscolos machos famentos sexuais reduciron as súas ansias - capáronos- e entraron en razón: andan tranquilos coa piara e reprímense como é debido sen andar coma loucos destrozando todo por un pracer institivo efémero. O malo é que aquí entran en razón ata os porcos pero non os que deben entrar, e con isto non entendan que suxiro que a algúns habería que capalos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.