Leo no Diário de Notícias de Portugal que este país puxo á venda os seus F-16. Unha idea gloriosa. Por que Grecia non pode solucionar o seu problema de débeda devolvendo as armas que Francia e Alemaña lle venderon? Igual que coas hipotecas, así como a devolución do piso nunca dá pagado o crédito, tampouco agora avións e barcos tan marabillosos serven para o pago da débeda?
Que aprendan os nosos candidatos Rajoy e Rubalcaba. Cal será o primeiro en atreverse a poñer en venda o noso armamento? Xa sei, xa sei... sería unha demagóxica loucura, como imos quedar a "tiro" dos países do norte de África?
E a armada francesa con risque de surchauffe...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.