Película que merece a pena. Sen servidumbre ao politicamente correcto, afonda con sobriedade en asuntos de adultos que non se queren tocar con nenos diante, asuntos de nenos que non se acostuma a enfocar desde a perspectiva dos adultos. Apuntalada nun guión ben cosido, "Profesor Lazhar" é unha reflexión sensible sobre a morte, o inexplicable, os bos modais, a riqueza do que se suxire sen que se diga e a importancia dos abrazos. Serve tamén de crítica ás bobadas aceptadas desde a corrección pedagóxica, tanto ou máis estúpidas cás política, se cadra idénticas. Agradéceseme a maiores que fuxa dos tópicos de aulas con problemas de adolescentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.